GALICIA
Novas axudas á ordenación dos montes galegos
O vicepresidente do Goberno galego indica que hai liñas de axudas para zonas declaradas de alto ou medio risco de incendio; e para montes que se encontren parcialmente cubertos por masas consolidadas de frondosas autóctonas, en Rede Natura 2000, e os situados en zonas de policía das Áreas de Risco Potencial significativo de Inundacións.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou esta semana, na rolda de prensa do Consello, o impulso á ordenación dos montes galegos con novas axudas por valor de catro millóns de euros para garantir o aproveitamento sustentable.
Estas achegas, que se aprobarán nun breve período de tempo, estarán destinadas á redacción dos instrumentos de ordenación como os proxectos de ordenación, documentación simple de xestión, documentos compartidos de xestión e os documentos de adhesión masiva a modelos silvícolas. Non en van, estes instrumentos serán imprescindibles a partir de maio de 2020, cando todos os montes ou terreos forestais terán que dispoñer dun instrumento de ordenación ou xestión forestal para autorizar os aproveitamentos.
Así, na orde de axudas establécense catro liñas. A primeira para zonas declaradas de alto ou medio risco de incendio; e a segunda liña será de aplicación naqueles montes que se encontren nalgún dos tres casos seguintes: montes polo menos parcialmente cubertos por masas consolidadas de frondosas autóctonas, en Rede Natura 2000, e os situados en zonas de policía -chámase así aos 100 metros a partir da canle dun río- das Áreas de Risco Potencial significativo de Inundacións”, precisou.
Sinala que tamén hai liñas de axudas para aplicar a montes con terreos produtivos de masas de crecemento rápido, polo menos no 50% da súa superficie, e diferéncianse segundo o instrumento de ordenación que utilicen
As liñas tres e catro serán de aplicación a montes con terreos produtivos de masas de crecemento rápido, polo menos no 50% da súa superficie, e diferéncianse segundo o instrumento de ordenación que utilicen.
Alfonso Rueda destacou ademais que as Sociedades de Fomento Forestal (Sofor) contarán con liñas específicas co obxectivo de favorecer o seu impulso como figura destacada á hora de poñer en valor os montes.
Sobre este punto, recordou que, tal e como xa anunciou o presidente da Xunta, se incorporarán criterios de flexibilización nas Sofor e se aprobará unha rebaixa fiscal para as persoas que fagan investimentos a través delas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61