PROVINCIA
A estación intermodal de Vigo supera o trámite ambiental
A resolución pon fin ao trámite inciado en xullo e conclúe que non cómpre someter o proxecto a avaliación de impacto ambiental, coa consecente redución de prazos.
![[Img #35623]](upload/img/periodico/img_35623.jpg)
O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, destacou os avances no impulso da estación intermodal de Vigo, que onte daba un novo paso cara adiante coa publicación no Diario Oficial de Galicia do resolución de superación do trámite ambiental. Así o comuniciou Menéndez na rolda de prensa que esta mañá ofreceu xunto co delegado da Xunta na cidade, Ignacio López-Chaves, para informar do estado de tramitación do proxecto global que integra a nova estación de autobuses, o Centro Vialia e a reordenación urbana que dotará de accesos o complexo de Urzaiz.
O director da Axencia Galega de Infraestruturas detallou que o informe de impacto ambiental emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio conclúe que non é necesario someter o proxecto a avaliación de impacto ambiental, posto que non se prevé e a a actuación non terá efectos significativos sobre a paisaxe. Isto supón unha importante simplificación dos trámites e acurtar os prazos significativamente.
Segundo destacou Menéndez, é evidente que o coidado deseño que se está a formular tanto para o Centro Vialia como para a estación de autobuses constata que se producirá unha evidente mellora na calidade urbana da zona, completando un baleiro que hai agora mesmo na cidade de Vigo.
Ademais, a Xunta de Galicia na resolución ambiental determina cuestións como que se xestionen axeitadamente os residuos, se minimicen as molestias á contorna na fase de execución das obras, que o axardinamento se realice con especies autóctonas e se preste especial atención á eficiencia enerxética das instalacións, se evite a contaminación lumínica.
Francisco Menéndez informa de que a Xunta, o Ministerio de Fomento e o Concello asinarán proximamente un convenio para a execución e financiamento dos accesos ao complexo de Urzaiz
Conclúe así a tramitación ambiental iniciada o pasado mes de xullo, cando o departamento autonómico con competencias en materia ambiental iniciaba o período de consultas previas, solicitando os preceptivos informes a organismos como o Ministerio de Fomento, o Concello de Vigo, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural, o Instituto de Estudos do Territorio ou a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, ao tempo que o documento quedaba dispoñible para o público a través da páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
Francisco Menéndez informou de que, paralelamente, a Xunta de Galicia continúa a avanzar na tramitación urbanística do proxecto conxunto a través da Lei 3/2016 de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese, a ferramenta autonómica que fará posible desenvolver o proxecto sen necesidade de agardar a que Vigo conte cun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Ese proxecto conxunto, promovido polo Ministerio de Fomento, como responsable do Centro Vialia, e polo Goberno galego, como responsable da estación de autobuses, incorporou os accesos acordados co Concello de Vigo e que supoñen unha importante reordenación urbana.
Así, prevese acometer un túnel de saída desde a rúa Lepanto ata a Ap-9, eliminando o viaduto sobre Alfonso XIII; construír un enlace directo coa Ap-9 desde a nova terminal de autobuses e outro enlace directo coa Ap-9 desde o Centro Vialia de vehículos lixeiros e de carga e descarga. Actualmente as tres administracións están a ultimar a definición técnica deses accesos, necesaria para a tramitaición urbanística do proxecto conxunto.
A Xunta, o Ministerio de Fomento e o Concello de Vigo prevén poder asinar proximamente o convenio para concretar as responsabilidades de cada administración na execución e no financiamento das obras, aspectos sobre os que xa se acordaron os aspectos xerais.
A adxudicación do Centro Vialia permite que as dotacións para a estación de autobuses se executen nunha única fase, fronte ás dúas previstas inicialmente para manter o funcionamento da estación provisional de ferrocarril
O obxectivo da Xunta é conseguir o antes posible o amparo urbanístico necesario para licitar nos vindeiros meses as obras de construción da nova estación de autobuses intermodal, que facilitará que os pasaxeiros realicen intercambios áxiles e seguros co ferrocarril.
Esa actuación suporá un investimento por parte da Administración autonómica de 12,3 millóns de euros, aos que debe engadirse a parte correspondente de financiamento dos accesos.
A adxudicación do Centro Vialia permite que as dotacións para a estación de autobuses se poidan executar nunha única actuación, fronte ás dúas fases previstas inicialmente para manter o funcionamento da estación provisional de viaxeiros da terminal de ferrocarril.
Este proxecto contempla unha estación de autobuses con 30 dársenas, 22 de viaxeiros e 8 de regulación, cubertas, así como servizos para viaxeiros baixo as dársenas.
Menéndez salientou que a intermodalidade queda garantida coa conexión directa das estacións de ferrocarril e de autobuses en dous niveis diferentes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22