Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 05 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Mos celebra as súas primeiras xornadas de Urbanismo

O Concello anuncia bonificacións en diversos tributos municipais có obxetivo de facilitar a creación de novas empresas e fomentar ó emprego no termo municipal.

A xornada que deu comenzó ás 18.00 h no Pazo de Mos ía dirixida a todos/as os/as empresarios/as que quixeron asistir a este encontro baixo o título ‘PLAN XERAL DE MOS: UNHA FERRAMENTA SEGURA PARA O DESENVOLVEMENTO EMPRESARIAL’.


Durante a dúas hora de duración da xornada, técnicos de Urbanismo do Concello de Mos, xunto a responsables de Xestur e da Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS), expuseron  detalladamente e motivados pola recente aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mos, a distribución de chan produtivo no territorio, a súa clasificación con respecto ao uso empresarial, así como os estímulos promovidos desde a administración local para motivar a implantación de novas empresas no municipio.


Neste senso a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Urbanismo, Julia Loureiro, aproveitaron para informar  hoxe de que o goberno municipal ten previsto levar ó seguinte Pleno varias bonificacións en diversos tributos municipais   como medida de fomento do emprego e creación de novas empresas.  Así prevese unha bonificación no Imposto de Actividades Económicas do 50% da cuota correspondente para aquelas empresas que inicien ó exercicio de cualquera actividade empresarial e tributen por cuota municipal, durante ós cinco primeiros anos de actividade. Neste mesmo imposto prevese tamén una bonificación do 50% para aquelas que incrementen ó promedio da súa plantilla de traballadores con contrato indefinido.

 

No Imposto de Instalacións, construccións e obras, tamén tense previsto aprobar as seguintes bonificacións: unha bonificación do 50% a favor das construccións, instalacións ou obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados; tamén se establecerá como deducción da cuota íntegra ou bonificada do imposto,o importe satisfeito ou que deba satisfacer o suxeto pasivo en concepto de taxa polo otorgamento da licencia urbanística correspondente á construcción, instalación ou obra de que se trate.


O encontro, de marcado carácter empresarial e que contou co apoio e a presenza do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), D. Alfonso Marnotes, director Xeral de Orientación e Promoción Laboral,Xestur foi clausurado por  D. Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria,. Ao finalizar ó departir  entre tódolos presentes favoreceu a interacción, consulta e relación entre autoridades, técnicos e empresarios asistentes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.