Sábado, 04 de Octubre de 2025

Xornal21
Lunes, 09 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O corredor do Morrazo pechará ao tráfico a partir de hoxe

Este corte prolongarase ata o vindeiro mes de maio, data na que xa se abrirán ao tráfico os dous primeiros treitos con características de autovía.

O corredor do Morrazo manterase pechado ao tráfico a partir de hoxe para iniciar as obras de desdobramento do túnel de Montealegre e preservar integramente o castro.

 

A Consellería de Infraestruturas mantivo recentemente un encontro cos alcaldes de Moaña, de Cangas, de Bueu e de Vilaboa para abordar este corte que se prolongará ata o vindeiro mes de maio, data na que xa se abrirán ao tráfico os dous primeiros treitos con características de autovía.

 

Cómpre lembrar que no pasado mes de xuño a Xunta e os Concellos de Cangas, Moaña e Bueu acordaron variar o trazado da autovía para preservar o castro de Montealegre, o que implica a realización deste peche. Neste sentido, os estudos técnicos realizados pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) certificaban a viabilidade de ampliar o túnel de Montealegre, en lugar de facer un segundo para construír a autovía.

 

 

 

 

No pasado mes de xuño a Xunta e os Concellos de Cangas, Moaña e Bueu acordaron variar o trazado da autovía para preservar o castro de Montealegre, o que implica a realización deste peche

 

 

 

 

Respecto aos traballos correspondentes ao treito III da autovía, que inicialmente suporían un corte total de tráfico dun mínimo de 2 meses, o Goberno galego optou por unha solución alternativa para non retrasar a obra e, ao tempo, minimizar a afección ao tráfico. Esta solución consistirá nun desvío provisional na zona onde é preciso levar a cabo as voaduras, o que evitará un peche total ao tráfico no treito III do corredor.

 

Reforzo do transporte público
A Xunta, que agradece de antemán a paciencia e a compresión dos veciños e dos usuarios da vía, co obxectivo de minimizar as incomodidades e molestias que suporá este corte de tráfico no corredor, vén de reforzar as frecuencias do transporte marítimo de ría ou o servizo de ambulancia no Morrazo.

 

No que se refire aos horarios dos barcos que comunican Vigo e Moaña, de luns a venres increméntanse cinco frecuencias nas saídas de Moaña, ofrecendo a maiores rutas ás 6, 7.30, 8.30, 19.30 e 20.30 horas. Nas saídas de Vigo tamén se aumentarán outras cinco frecuencias, podendo acceder tamén ao barco ás 6.30, 8, 9, 20 e 21 horas. Os sábados, engadiranse unha ruta ás 15 horas, con saída de Moaña, e outra ás 15.30, con saída de Vigo. Este servizo tamén se reforza os domingos, xa que os usuarios disporán de novos horarios para as saídas de Moaña, ás 12 e 19 horas, e de Vigo, ás 12.30 e 19.30 horas.

 

A continuación, os novos horarios de barco, cos servizos reforzados marcados en negro.

[Img #35646]

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.