Domingo, 05 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 13 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
Mos

Os socialistas mosense agradecen á Deputación a mellora da estrada Puxeiros - Peinador

A mellora da seguridade viaria suporá unha inversión provincial que supera ós 600.000 €

[Img #35764]

 

Os socialistas de Mos veñen de agradecer ao goberno de Carmela Silva na Deputación de Pontevedra "a súa disposición para a sinatura do convenio para a mellora integral da estrada provincial Puxeiros-Peinador".

 

As obras, que suporán a  rehabilitación do firme da estrada con calmado de tráfico e nova iluminación, terán como consecuencia inmediata a  mellora na seguranza viaria para todos os usuarios e usuarias da vía, tanto peonís como motorizados.

 

Para os socialistas mosenses, "a Deputación está a demostrar unha vez mais que está coa veciñanza de Mos, pese aos continuos ataques da alcaldesa por cuestións e intereses partidarios. Esta é  a demostración clara do que supón que Carmela Silva estea ao fronte da Deputación”, aseguran, e lamentan que “a alcaldesa estea permanentemente á contra, ninguneando o traballlo que fai a administración provincial”

 

Desde o PSOE de Mos celebran que  "este mércores a Alcaldesa asine este convenio, que vai mellorar o estado  dunha estrada abandonada durante anos a pesar de ter unha  importante capacidade vertebradora dentro do municipio xa que conecta o núcleo urbano co aeroporto, o IFEVI e a zona industrial do Rebullón".

 

“Esperamos  que, coa sinatura de este convenio, a Alcaldesa de Mos recoñeza publicamente, e dunha vez por todas, o apoio decidido que este concello está a recibir por parte da Deputación provincial”, conclúen.  

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.