Jueves, 02 de Octubre de 2025

Xornal21
Domingo, 15 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Preto de 200 persoas maiores participarán a próxima semana no programa "Depotermal 2017"

Case 200 persoas maiores de 18 concellos gozarán do programa da Deputación que ata decembro beneficiará a máis de 4000 veciñas e veciños da provincia.

[Img #35803]

 

Un total de 178 persoas maiores de 50 anos da provincia chegarán a partir deste domingo 15 de outubro ao Hotel Carlos I de Sanxenxo, ao Hotel Talaso Atlántico de Oia e ao Hotel Eurostars de A Toxa dentro programa da Deputación de Pontevedra "Depotermal 2017". Este programa ten por obxectivos fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores, facilitando o acceso ao turismo de saúde a persoas que doutro xeito non poderían beneficiarse da súa dobre función como período de vacacións e tratamento sanitario.  Ademais, "DepoTermal" pretende ser un plan dinamizador da economía da provincia, impulsando a creación e mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.

 

"Depotermal" tamén promove espazos de encontro e intercambio de experiencias, co fin de evitar o illamento das persoas maiores e as situacións de soidade que poidan levar á súa vulnerabilidade. Trátase dunha iniciativa que se desenvolve entre setembro e decembro e da que se benefician 4.000 maiores da provincia, a través de estancias en establecementos termais coa modalidade só diúrna, acudindo diariamente durante cinco días consecutivos, ou con aloxamento completo de domingo a venres.

 

Así, desde este domingo ata o vindeiro venres 20 de outubro, 93 maiores da provincia de Pontevedra gozarán dunha estancia completa no Hotel Spa Carlos I de Silgar, en Sanxenxo, e 35 no Hotel Talaso Atlántico de Oia. Todas as persoas proveñen dos concellos de Vigo, Mos, Pontevedra, O Porriño, Cangas, Ponteareas, Nigrán, Vilaboa, Marín, Catoira, Valga, Vilagarcía de Arousa, A Lama, Cuntis e Cambados.

 

Ademais, a partir do vindeiro luns 16 de outubro, 50 persoas chegadas dos concellos de Meis, Meaño,  Pontevedra e Sanxenxo aproveitarán a modalidade diúrna de "Depotermal" no Hotel Eurostars da Illa de A Toxa.

 

 

Durante este mes, e no que queda de ano, 4.000 maiores de 48 concellos da provincia poderán gozar do programa "Depotermal" a través das súas dúas modalidades. Ao igual que na pasada edición, ofértanse prazas gratuítas para persoas en situación ou risco de exclusión social e sen recursos económicos

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.