Martes, 30 de Septiembre de 2025

Xornal21
Martes, 17 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva insta á Xunta e ao goberno de España a habilitar axudas para os afectados polos incendios

A presidenta da Deputación de Pontevedra fixo un chamamento para que “se poñan en marcha de forma inmediata todos os recursos necesarios para aquelas persoas que perderon todo o que tiñan así como para recuperar o noso patrimonio natural”.

[Img #35931]

 

Tras ter visitado onte os incendios cualificados de nivel dous na provincia de Pontevedra, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, instou á Xunta de Galicia e ao goberno de España a que se poñan xa a traballar. Así, Silva informou que “a situación é dramática, a perda que tivemos na provincia durante estes días é incalculable e por iso quero facer un chamamento para que, de forma urxente e inmediata, tanto o Xunta de Galicia como o goberno de España poñan en marcha todas os mecanismos, todos os recursos e axudas necesarias, sen ningún tipo de restrición, para que as veciñas e veciños que perderon todo o que tiñan o recuperen así como o noso patrimonio natural”.

 

A presidenta provincial amosou que “cando como representante institucional visitas os concellos da provincia tes que dar seguridade, unha mensaxe de futuro, dicirlle á xente que imos solucionar a situación… pero certamente cáeseche a alma aos pes cando ves toda a destrución que provocaron estes incendios”. Silva informou que onte visitou os concellos afectados por incendios cualificados de nivel dous na provincia de Pontevedra e verbalizar con palabras a situación é “imposible, non se pode definir”.

 

Carmela Silva mencionou que as Neves, “que conta con máis do 90% de afectación, con absolutamente todo queimado, parecía un pobo dunha película de terror, unha paisaxe lunar, onde vías vivendas que se salvaron polo incalculable traballo do goberno local pero tamén das veciñas e veciños”.  A presidenta provincial asegurou que a mesma impresión tivo cando percorreu Pazos de Borbén, Ponteareas, Nigrán, Gondomar, Baiona e os montes de Vigo.

 

“Moitas veciñas e veciños da provincia de Pontevedra perderon xardíns e cultivos, todo o que tiñan, pero todas e todos perdemos o patrimonio natural, a nosa paisaxe de foresta e verde, que quedou totalmente destruído”. Ante esta situación, Silva manifestou sentir “unha inmensa pena e unha inmensa dor” e instou á administración autonómica e estatal a que habilite todas as axudas necesarias para recuperar o patrimonio das veciñas e veciños da provincia.

 

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.