Jueves, 20 de Noviembre de 2025

Xornal21
Domingo, 22 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Campaña de recollida de medicamentos para os saharauis

Os mosenses interesados en axudar poden depositar as súas aportacións no departamento municipal de Servizos Sociais en horario de mañá.

[Img #35994]Dende a concellería de Política Social mosense que dirixe a edil Sara Cebreiro infórmase de que o Concello de Mos ven de emprender unha acción de colaboración coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e o Centro de Drogodependencias do Porriño na Campaña de Recollida de Medicamentos e Material Sanitario para o Pobo Saharaui.

 

A concelleira Cebreiro anima a tódolos/as mosenses “a participar facendo unha doazón, por pequena que sexa, que poderán deixar no departamento municipal de Servizos Sociais de luns a venres en horario de 09.00 horas a 14.00 horas”.

 

Os medicamentos e material sanitario que se precisan son, entre outros, ácido acetilsalicílico, amoxicilina, protectores gástricos, ibuprofeno, insulina, vitaminas, Nolotil, omeprazol, medicamentos para o asma, pomadas, auga osixenada, sacarina, luvas de látex, tests de embarazo, glucómetros, tensiómetros, fonómetros, termómetros, otoscopios, oftalmoscopios, laringoscopios, etc.

 

Para obter máis información sobre esta campaña os interesados poden chamar ao teléfono 986 26 26 37, ecribir ao enderezo de correo electrónico info@sogaps.org ou consultar a web www.sogaps.org

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.