PONTEAREAS
Ponteareas declara "non grata" á Fundación Francisco Franco
O Pleno pide por unanimidade a devolución do Pazo de Meirás ao patrimonio público galego.
O Pleno do Concello de Ponteareas declarou a semana pasada non grata á Fundación Francisco Franco, tras aprobar por unanimidade unha proposta do BNG na que tamén se instou ao goberno do estado a tramitar a ilegalización desta Fundación.
O BNG presentou esta iniciativa tras o anuncio de que a Fundación Francisco Franco xestione as visitas ao Pazó de Meiras. A concelleira do BNG Cristina Fernández Davila indicou que "constitúe unha provocación, unha ofensa e falta de respecto tanto ás vítimas da Ditadura como a Galiza no seu conxunto, e un escandaloso exemplo da impunidade coa que se move quen fai apoloxía do terrorismo fascista”.
Segundo o aprobado, o Concello de Ponteareas, tal e como propuxo o BNG, pide que este pazo sexa devolto ao patrimonio público galego. Cristina Fernández sinalou que “resulta insultante e vergonzoso que un espazo que é produto dun espolio sexa aínda propiedade da familia Franco”. A concelleira do BNG no goberno enfatizou que “resulta aínda máis indignante que a Fundación que leva o seu nome o utilice para contar unha versión absolutamente manipulada da historia e para facer apoloxía da Ditadura e do ditador”.
Fernández indicou que “esta situación escandalosa e indignante é posíbel pola complicidade e a permisividade das institucións do Estado e da Xunta de Galiza, que consenten, amparan e protexen o parque temático franquista en que se converteu o Pazo de Meirás”. Neste sentido, Ponteareas insta á Xunta á elaboración dunha Lei galega de memoria histórica na que se prohiban, persigan e sancionen os actos de exaltación do franquismo e as entidades que os promovan, tal e como propuxo o BNG.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119