Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 21 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Salvaterra de Miño non cobrará a auga destinada a apagar os incendios do pasado fin de semana

Salvaterra foi un dos primeiros municipios en ter auga da traída municipal, dando cobertura a 14 parroquias. Apostou, dende un primeiro momento, por este servicio que ofrece aos seus veciños e veciñas unha auga de calidade e que nos días do domingo e luns mantivo a raia o fogo, en moitos dos focos activos.


Gracias a auga da traída municipal salváronse moitas casas, galpóns, cubertos e eidos, xa que eran moitos os pozos que estaban secos ou tiñan pouca auga pola sequía, ou non se podían utilizar porque non había luz. Por este motivo  o  Concello anuncia que os veciños e veciñas das zonas afectadas non verán incrementado o próximo recibo de lectura da auga, cobrarase a media consumida nos recibos anteriores, unha forma de agradecer o gran esforzo feito pola poboación que fixo que os danos non foran maiores e que en moitos casos paroulle os pes o lume.


Aínda que hasta que se faga a lectura non se saberá con exactitude os m3 de auga que se consumiron neste dous días, o que si está claro é que o papel que xogou a auga da traída en Salvaterra foi en moitos casos primordial, tanto para a carga dos coches de bombeiros, retens e veciños para  axudar a apagar os focos de fogo, como para enfriar os eidos, cubertos e vivendas, mantendo a raia moitas veces o infernal fogo que se acercaba. Por iso dende o Concello mantívose tamén unha vixilancia extrema ao depósito de auga situado no Castelo, durante os incendios, con persoal e co propio retén de auga que ten o consistorio, que a parte de estar apagando fogos en varias zonas con vivendas tivo que acudir algunha vez ao Castelo pola proximidade das llamas, para  intentar en todo momento que non se cortara o suministro, xa que foi unha das ferramentas coas que loitaron os veciños e veciñas e que fixo que o desastre non fora maior.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.