Martes, 30 de Septiembre de 2025

Xornal21
Lunes, 23 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Nada semella o que é na exposición de pintura e escultura de Yani

O propio artista ofrece unha visita guiada a cada lenzo ou escultura para descubrirlle a riqueza de materiais e as diferentes técnicas empregadas.

[Img #36053]

 

Calquera idea pode ser transformada en arte, calquera material pode evocar soños e calquera soporte pode amosar unha obra de arte, este é en resumo o concepto do creador e artistas Juan Ibañez de Juana (Yani).


Baixo o nome artístico de Yani, este burgalés vinculado a Ponteareas exhibe no auditorio municipal catro esculturas e un conxunto de cincuenta creacións que recrean soños, a traxectoria vital do artista, denuncia social, ilusións e un sinfín de sentimentos trasladados a lenzos pouco habituais.


Un marco de metal que non o é, un espello de madeira que agocha coiro e moitas pinturas que aproveitan todo tipo de materiais nos que o refugallo aínda que non é aparentemente visible, é un denominador común nas pezas de Yani.


Este resumo da súa extensa colección están realizados en tódolos materiais que o espectador se poida imaxinar, estas obras son para ollar moi de preto, para investigar e descubrir os matices, os movementos de boneca, os materiais diminutos que se agochan en cada pincelada, a textura e os espías que toda obra esconde.

 

 

 

 

Tódolos participantes crearán unha obra colectiva propia da mostra de Ponteareas

 

 

 


Da guarnicionaría á tapicería clásica e de aquí ao traballo artesá no que manexa todo tipo de técnicas e materiais e no que convida a atreverse con calquera soporte porque para crear todo é válido e posible.

 

O mundo dos soños, dos desexos, as experiencias vividas ou o comproiso social están presentes neste mar de delirios creativos que se pode visitar ao longo deste mes no auditorio municipal de Ponteareas.

 

En horario de mañá e tarde, esta exposición de pintura e escultura oferta ao espectador a explicación guiada do propio autor capaz de trasladar aos visitantes cada emoción agochada nos cadros. Nada semella o que é nesta colección de cadros, espellos, esculturas, autoretratos, cartaces…

 

Todos os que visiten esta colección de arte participarán na creación dunha obra colectiva que recollerá as súas pinceladas. Yani convida a tódolos visitantes a participar neste cadro colectivo da mostra de Ponteareas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.