Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 24 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Salvaterra de Miño convoca, un ano mais, o concurso de slogans contra a violencia de xénero

Marcadores de páxinas contra a violencia machista, que levarán o lema gañador deste ano.

O Concello de Salvaterra, a través do seu Programa de Educación e Intervención Familiar, convoca un ano mais   un concurso de lemas ou slogans para alumnos do IES de Salvaterra,  co fin de mellorar a convivencia en sociedade transmitindo valores como a igualdade, a tolerancia, a non violencia e desmitificando estereotipos, aspectos todos eles que adoitan atoparse na base da violencia machista.  


O concurso de slogans busca frases que  traten de transmitir un mensaxe e un posicionamento claro de non aos malos tratos . Dentro das iniciativas desta campaña de sensibilización social, preténdese reunir material para facer posteriormente unha campaña de difusión e publicidade dalgúns dos recursos que existen para abordar este problema.

 

 

 

 

A Liberdade non ten propiedade!, o slogan gañador do ano 2016 e  que foi o lema na campaña de concienciación que realizou o Concello de Salvaterra de Miño entre os nenos e nenas do IES Salvaterra

 

 

 


O proxecto consistirá en confeccionar uns marcadores de páxinas onde vaia o lema ou slogan gañador do concurso e algúns números de teléfono e enderezos a onde se dirixir en caso de coñecer ou ser víctima dunha situación de malos tratos.  Esta iniciativa constitúe un reforzo a esta campaña de sensibilización. Ademais de ser un soporte atractivo, informativo e moi útil ten unha utilidade porque fai perdurar non tempo a mensaxe, a través a difusión entre os máis novos.


Con esta actividade de carácter educativo e preventivo búscase erradicar a violencia machista promovendo un cambio de mentalidade que contribúa a desmitificar estereotipos sexistas e transmitindo outros valores.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.