Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 23 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

Tourón volve a poñer o foco no centro de saúde

Os orzamentos da Xunta de Galicia para o 2018 seguen sen incluír unha partida para o Centro de Saúde de Salceda.

[Img #36081]

 

Despois da xuntanza mantida cos parlamentarios autonómicos, a voceira socialista anuncia que reclamarán que se incorpore ós orzamentos da Xunta de Galicia o centro de saúde de Salceda, “esixiremos que o novo centro teña nome e apelido propio dentro dos orzamentos da Xunta”.

 

Dende o grupo municipal socialista, critican o afán propagandístico dos grupos municipais do Partido Popular e do Goberno Local (MS) “unha vez máis veñen de congratularse da recepción dos terreos por parte da administración autonómica e da concesión da licenza, mentres a realidade é que segue sen existir partida comprometida nos orzamentos da Xunta de Galicia e que ningún dos outros grupos municipais se preocupa de reclamala”. Para os socialistas “estaremos de noraboa e celebración cando o Centro de Saúde de Salceda sexa unha realidade e os veciños e veciñas de Salceda  poidamos facer uso del, mentres tanto non deixa de ser propaganda política cara unhas eleccións municipais que están á volta da esquina”, explica Verónica Tourón.

 

As concelleiras socialistas explican que non é de recibo que o goberno galego se escude de novo nunha partida xenérica, que, como en anos anteriores, despois non se chega a executar. Tourón continúa, “que apareza na memoria é unha declaración de intencións, xa estaba en 2016 e 2017, pero ¿que implicou iso?, os salcedenses sabémolo ben, non implicou NADA”.  O que queremos é que haxa partida explicitamente para o Centro de Saúde de Salceda, xa está ben da burla do goberno do PP ano tras ano.

 

“Esta é unha inversión imprescindible para Salceda, que levamos reclamando dende o 2009 e que nunca foi recollida nos orzamentos a pesar das continuas emendas feitas polos socialistas, ano tras ano”, afirma Gela Ledo.

 

Explican, que a situación sanitaria en Salceda é totalmente deficiente, con un centro de saúde colapsado e sen accesibilidade. Unha situación a que dende o goberno do Partido Popular da Xunta de Galicia non lle poñen solución a pesares da  loita veciñal, que en máis dunha ocasión reclamaron ante a consellería esta necesidade.

 

As edís socialistas, seguen mostrando o seu total apoio a ambas administracións, “tal como fixemos dende o primeiro momento, porque pensamos que máis alá das diferenzas políticas este é un tema de unidade, de unir esforzos para que os veciños e veciñas de Salceda teñan a atención sanitaria que se merecen”.

 

Os socialistas presentarán por tanto alegacións ós orzamentos da Xunta para que inclúan partida para o centro de Saúde de Salceda. Aínda así, consideran que iso non é suficiente e presentarán unha proposición non de lei para que se debata de novo o tema dende a perspectiva actual, tras o cambio de situación cos terreos e a licenza da obra.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.