O PORRIÑO
Un grupo de 15 desempregados formaranse en Sogacsa
![[Img #36082]](upload/img/periodico/img_36082.jpg)
A alcaldesa Eva García de la Torre, e o presidente de Sogacsa, César Fernández Álvarez, asinaron un convenio que permitirá que 15 persoas do Porriño que están en situación de desemprego, participen nun programa formativo, que combina instrución teórica e prácticas non laboráis, que terán coma finalidade a posibilidade de que os mesmos poidan entrar a traballar na propia empresa.
Sogacsa, concesionario oficial Linde para Galicia, radicada no Polígono de As Gándaras, líder no sector de carretillas elevadoras e maquinaria de manutención, atópase en fase de expansión o que fixo que o seu plantel pasase de 83 traballadores en 2016 a 102 na actualidade.
Coma sinalou o seu director, Sogacsa ten un grande interese nesta colaboración co Concello do Porriño dado que “esta formación, que abrangue practicas na empresa, é a ferramenta máis axeitada para conquerir os mellores especialistas” e conquerir que a aprendizaxe se axuste ás necesidades da compañía.
Pola súa banda, a alcaldesa subliñou que a iniciativa, impulsada dende o Goberno local, de chegar a acordos coas empresas radicadas nos polígonos da vila por medio do programa ‘Porriño Accede’, permitiu que no último ano “ducias de veciñas e veciños volvesen ao mercado laboral ou empezasen a traballar”.
García de la Torre sinalou que o Concello asume o custo da formación de veciñas e veciños que están sen emprego, “preparación que se imparte por parte das empresas que precisan traballadores e que forman a estas persoas cos coñecementos precisos para poder acceder a un posto na propia empresa”.
Esta iniciativa, xunto cos ‘Plans de Emprego’, que foron posibles logo da sinatura dun acordo coa Deputación de Pontevedra, e do investimento de fondos municipais, de máis de 600.000€ no que vai deste ano, así como o feito de chegar a entendementos con outras Administracións, coma a Xunta de Galicia, o cal facilitou a obtención de axudas e subvencións, que serviron para incrementar as probabilidades de empregabilidade de moitas persoas, conseguiron que no Porriño descendese o paro un 5,4% en so un ano.
“Cando este Goberno empezou a súa xestión, había 2.139 veciñas e veciños estaban na procura dun posto de traballo, o 24% dos que formaban a nosa poboación activa, a finais de setembro ese número reduciuse en preto de 500 persoas, deixando a taxa de paro no 18,6% e liderando a creación de emprego en toda a Área Metropolitana de Vigo”, salienta a alcaldesa.
“O Goberno local do Porriño ten coma primeira prioridade a creación de postos de traballo”, reitera Eva García de la Torre, que lembra, de novo, que este obxectivo pasa “sen dúbida, como estamos a ver, pola formación que aumenta as posibilidades de atopar un emprego das porriñesas e porriñeses que están no paro”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217