Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 25 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A alcaldesa tacha de “deplorábel” o tratamento ao Porriño nos orzamentos da Xunta

A Eva García de la Torre cualificou este martes de “deplorábel” o tratamento do Porriño nos  orzamentos da Xunta de Galicia para 2018 que, subliñou, deixa claro que dende o Goberno galego “trátase ás porriñesas e porriñeses coma cidadáns de segunda”.


A alcaldesa dixo sentir “vergonza” ao ver ao presidente do Partido Popular do Porriño “presentando na nosa vila uns orzamentos que contemplan investimentos por 1 millóns de euros en Mos, un centro de saúde para Salceda e para O Porriño nada: isto é un insulto para todas as veciñas e veciños”.


García de la Torre agardaba que Manuel Alejandro Lorenzo “dese un golpe enriba da mesa e esixise á Xunta que cumprise con algún das súas obrigas co Porriño, pero tristemente non foi así, todo o contrario, amosouse satisfeito de que non se cumpra nin unha das nosas demandas”.


Entre esas obrigas a alcaldesa cita o proxecto do novo centro de saúde, “anunciado xa polo anterior alcalde, do Partido Popular, e a que era daquela a súa concelleira de saúde e que non é que o Goberno de Galicia non fixese nada, é que as veciñas e veciños do Porriño están a pagar a limpeza dos terreos que o Concello cedeu á Xunta, que nin se molesta en iso”.


“As porriñesas e porriñeses seguen amoreándose nun centro de saúde totalmente desfasado, no que pasan calor no verán e frío no inverno e que non ten os servizos necesarios para atender as súas necesidades”.


A alcaldesa tamén criticou o feito de que sendo O Porriño o concello que máis medra de Galicia, e logo de pedir reiteradamente a construción dun novo colexio, “o Concello ten que asumir, aínda que as competencias en Educación son da Xunta, o custo dos arranxos que hai que estar facendo no CEIP Fernández López”.


Eva García de la Torre explica que os 400.000€ anunciados para saneamento, son inversións que se fan por medio de Augas de Galicia, a través do Consorcio de Augas do Louro, e  que os 100.000€ anunciados para o Clúster do Granito teñen coma destino unha entidade privada porque “que eu saiba o Clúster é unha entidade privada, polo cal non é de recibo dicir que esa cantidade ten coma beneficiarios aos porriñeses”.


Por último, a alcaldesa pregúntase cal ó o criterio que segue a Xunta de Galicia á hora de elaborar os orzamentos, “se os fai considerando factores coma o crecemento, as necesidades o emprego ou a poboación, que sería o desexable, ou seguindo criterios electorais e beneficiando aos concellos gobernados polo Partido Popular, que é o que parece”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.