MOS
ASOMAMOS celebra o seu xantar anual e a súa Asemblea Xeral
Ambos actos terán lugar durante o vindeiro mes de novembro.
A Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, ASOMAMOS, informa da celebración o sábado 25 de novembro da súa Asemblea Xeral Ordinaria e da novena edición do tradicional xantar da Asociación o domingo 12 de novembro.
A Asemblea Xeral terá lugar ás 17.30 horas en primeira convocatoria e ás 18.00 horas en segunda convocatoria no auditorio do Pazo de Mos. Dentro da orde do día tratarase a aprobación da Memoria e do estado de contas do presente exercizo, 2016-2017, así como a ratificación por parte da Asemblea da actual composición da Xunta Directiva e dos acordos tomados pola mesma durante o exercizo 2016-2017; e aprobaranse os orzamentos e o plan de actividades para o exercizo 2017-2018.
Por outra banda o domingo 12 de novembro realizarase o IX Xantar ASOMAMOS no Multiusos das Pozas, parroquia de Petelos. En dita comida de confraternización a animación musical correrá a cargo dos grupos Os Amigos de Vigo e Grupo de Gaitas da A.S.C. de Herville.
Os interesados en adquirir invitacións para este xantar poden dirixirse á sede da Asociación no Multiusos das Pozas, chamar aos teléfonos 986 334 903 – 679 037 299 – 659 629 526; ou ben poñerse en contacto cos colaboradores de ASOMAMOS nas distintas parroquias mosenses.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115