Mos
A segunda fase do Centro Dotacional de Torroso inaugurada hoxe
Asitiu Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, José Leal, deputado provincial, Camilo Grandal, presidente da Comunidade de Montes de Torroso, demais membros da directiva da Comunidade de Montes e demais membros da Corporación Municipal mosense.
![[Img #36288]](upload/img/periodico/img_36288.jpg)
Esta tarde celebrouse o acto de inauguración da segunda fase do Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso, organizado pola Comunidade de Montes da devandita parroquia quen, ademais foi a que asumiu a financiación íntegra desta segunda fase.
No acto estiveron presentes Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, José Leal, deputado provincial, Camilo Grandal, presidente da Comunidade de Montes de Torroso, demais membros da directiva da Comunidade de Montes e demais membros da Corporación Municipal mosense.
Con esta inversión a Comunidade de Montes estima en preto de 3,5 millóns de euros o custe ao que ascende o total das obras realizadas
A primeira fase deste edificio, premio de arquitectura, rematouse no ano 2014 e precisou dunha inversión total de 2.550.000 euros dos cales a propia Comunidade de Montes de Torroso aportou 2.300.000 euros e contou cunha subvención do AGDR (Grupo de Desenvolvemento Rural) 18 MAIV-Baixo Miño de 250.000 euros e coa colaboración da Deputación de Pontevedra que realizou o asfaltado pistas polideportivas e do aparcadoiro e do Concello de Mos que asumiu a instalación do parque infantil.
![[Img #36297]](upload/img/periodico/img_36297.jpg)
Durante a primeira fase acometéronse unhas instalacións de 1.400 metros cadrados distrubuídos en: 1 auditorio con capacidade para 400 persoas, diversas aulas para estudio musical destinadas á Escola Municipal de Música e ó Conservatorio, cafetería e biblioteca.
Na segunda fase do Centro Dotacional inaugurado hoxe investíronse 830.000 euros íntegramente por parte da Comunidade de Montes de Torroso.
Esta segunda fase da obra ten unha superficie total construída de 500 metros cadrados que constan de: 6 aulas para ensinanza musical, 1 sala multiusos de 160 metros cadrados para diversas actividades, 1 sala destinada á terceira idade e 1 cociña.
En total, entre a primeira e segunda fase, o orzamento do novo Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso ascende a 3.380.000 euros.
O edificio ubícase nunha parcela de 22.785 metros cadrados.
A Comunidade de Montes creu no seu día na necesidade na zona dun centro de referencia que permitira cubrir servicios específicos orientados a pontenciar a vida rural, este centro é hoxe unha realidade que supón un medio dinamizador do medio rural no Concello de Mos, ó igual que a adaptación dos seus arredores. Con ambos apóiase e deféndese a cultura cun uso racional e sostible do espazo.
![[Img #36304]](upload/img/periodico/img_36304.jpg)
Este proxeto permite a mellora da calidade de vida no rural, mellorando as relacións grupais ó servir de centro de actividade, de educación e de cultura tanto ós comuneiros da Comunidade de Montes coma ó resto de veciños e veciñas da parroquia de Torroso en particular, e do Concello de Mos en xeral.
Terceira fase xa deseñada
Camilo Grandal, presidente da Comunidade de Montes de Torroso, quixo adiantar que xa teñen "os permisos" para realixar unha terceira fase que contempla unha zona de ocio, un paseo cunha ponte, un parque biosaudable e instalacións deportvas diversas que se ubicarían dentro da actual parcela. Polo momento descoñécese cal será a empresa adxudicataria destas obras e o custe total dass mesmas, ainda que os cimentos da nova ponte xa están executados, polo que é de supoñer que en breve comezará esta terceira fase.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191