Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 31 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Mos bonifica no pago de impostos e taxas ás empresas que decidan asentarse no municipio

Trátanse de medidas de fomento do emprego e ampliación do tecido industrial respaldadas pola adhesión ao convenio “Doing-Business Galicia”.

[Img #36337]

 

O Pleno do Concello de Mos aprobou onte na súa sesión ordinaria do mes de outubro a adhesión ao convenio asinado entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP “Concellos Doing-Business Galicia” para fomentar a implantación e fixación de empresas no termo municipal de Mos.


Segundo informaron a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Facenda, Alberto Méndez, “os obxectivos desta adhesión son impulsar medidas que favorezan e fomenten a implantación e fixación de empresas no territorio mosense e crear incentivos para consolidar a decisión das empresas de implantarse en Mos”.


Ditas medidas, que se adoitarán grazas á adhesión a este convenio, son unha serie de bonificacións nos Imposto de Bens Inmobles, Imposto de actividades económicas, Imposto de instalacións, construcións e obras e as Taxas pola prestación de servicios urbanísticos ou equivalentes e a Taxa pola apertura de establecementos para as empresas que decidan instalarse e abrir as súas portas no Concello de Mos.


No Imposto sobre bens inmobles (IBI), no Imposto sobre actividades económicas (IAE) e no Imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO) as porcentaxes de bonificación son dun 95% pola creación de máis de 20 postos de traballo, dun 75% pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo e dun 50% pola creación de ata 10 postos de traballo.


Nas Taxas pola prestación de servizos urbanísticos ou equivalentes e pola apertura de establecementos, establécese a non suxeición a dito tributo ós autónomos e empresas que soliciten licenza de obra, de apertura, ou verificación “a posteriori” de comunicación previa para levar a cabo a súa implantación no termo municipal, así como para a ampliación dun establecemento empresarial xa existente sempre que conleve a creación de novos postos de traballo.


Todas as bonificacións manteranse durante tres exercizos orzamentarios, e concederanse a petición do interesado, unha vez que acredite que se cumpren as condicións requeridas para ser beneficiario de ditas bonificacións.

 

Grazas á adhesión á iniciativa “Doing-Bussines Galicia” o Concello de Mos verase beneficiado das diferentes medidas que vai promover a Xunta de Galicia coa finalidade de alcanzar o obxectivo de favorecer e fomentar a implantación de empresas no territorio mosense. Medidas tales como a discriminación positiva á hora de solicitar subvencións destinadas a investimentos e gastos nos eidos industrial, do emprego e do emprendemento, cando as mesmas sexan convocadas en réxime de concorrencia competitiva; integrar o solo industrial mosense no Observatorio de Solo Empresarial creado pola Xunta de Galicia co fin de centralizar a información relativa á oferta de inmobles empresariais (naves, parcelas, oficinas, viveiros de empresas…), e ofrecer ás empresas e emprendedores unha localización en Galicia para o desenvolvemento da súa actividade; e creación dunha marca territorial, asociada á Oficina Doing Business, como plataforma de colaboración para reducir as cargas administrativas ás empresas e que funcione a modo de xanela única -de xeito que o Concello de Mos adquire a condición de “Concello Doing-Bussines Galicia”, o que suporá un reforzo do posicionamento global deste Concello con respecto aos non integrados nesta marca territorial-.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.