PROVINCIA
A Xunta presenta á Universidade de Vigo a reforma do edificio de Benito Corbal
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, trasladou os detalles do proxecto ao reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentoulle esta semana os detalles da reforma do edificio de Benito Corbal, en Pontevedra, ao reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato. Nas catro últimas plantas do edificio a Universidade disporá de 1.200 metros cadrados para desenvolver todo aquelo que teña que ver co Campus Crea.
Rueda explicou a Mato cales son os prazos que manexa a Xunta de Galicia e que, trala solicitude da licencia de obra a pasada semana, pasan pola adxudicación antes de final de ano, o inicio das obras a principios de 2018 e inauguración do edificio na primeira parte de 2019. No proxecto de orzamentos para 2018 a obra conta cunha partida de máis de 3,8 millóns de euros e o pago das taxas correspondentes permitirá ao Concello de Pontevedra ingresar uns 137.000 euros.
O vicepresidente da Xunta destacou a importancia de que a Universidade estea vinculada a este proxecto e recordou que é organismo que máis espazo ocupará no inmoble, en concreto, as catro plantas superiores.
O goberno galego contratará a obra antes de final de ano para que o edificio estea listo no primeiro trimestre de 2019
Ademais, dos locais do Campus Crea, o edificio terá espazo tamén para albergar as oficinas de emprego da cidade de Pontevedra, o que permitirá un importante aforro en alugueiros de locais, e disporá de dúas plantas para que diferentes colectivos e asociacións poidan ter un lugar no que traballar ou atender ao público. O obxectivo é contar no centro da cidade cun espazo moderno, cómodo, accesible e versátil para todos os usuarios.
O edificio primará a eficiencia enerxética facendo un inmoble cunha cualificación enerxética A, tanto con respecto ao consumo de enerxía primaria non renovable como en emisións de CO2, xa que a rehabilitación ten como obxectivo poder dispoñer dun edificio enerxeticamente eficiente polo que se aplicarán métodos e tecnoloxías enerxéticas como caldeiras de biomasa para a calefacción, bombas de calor de tecnoloxía VRV para calefacción e refrixeración, instalación solar fotovoltaica para xeración de electricidade, así como elevados niveis de illamento térmico e sistemas de iluminación eficientes.
O orzamento total da actuación ascende a 5,1 millóns de euros, incluíndo o estudo previo, a redacción do proxecto, o cálculo estrutural do edificio, ademais da dirección de obra e a auditoría enerxética.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.106