Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21
Lunes, 27 de Noviembre de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Davila asegura que a "actitude de Besada é intolerable"

"Os veciños e as veciñas de Salceda non merecen un Alcalde como Besada" engade.

O voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, denuncia "a actitude que o Alcalde (Marcos Besada) ven amosando nos últimos meses, tanto cos veciños (nos Plenos Municipais e na rúa), e  traballadores do Concello, coma cos demáis membros da Corporación Municipal ”.

 

“O pasado venres 27 tiña lugar o último Pleno Municipal no Concello. Seguindo na nosa liña, este Grupo presentaba unha serie de Rogos para dar traslado ó Goberno Local dalgúns dos problemas que os/as veciños/as levan meses esperando a que sexan solventados e ademáis, na parte final do Pleno, realizamos varias preguntas ó Alcalde sobre temas que, certamente, nos resultaban confusos coma, por exemplo, a non adhesión do Concello de Salceda ó convenio trianual da Xunta de Galicia para a contratación de brigadistas, a plaza de Policía Local que segue sen cubrir dende hai preto de dous anos e os orzamentos de 2017 que seguen sen ser aprobados xa que o Goberno Municipal non os presentou todavía ó Pleno” explica Davila.

 

Continúa o voceiro “tamén preguntamos ó Alcalde por un acontecemento gravísimo da  pasada semana: na mañá do pasado xoves 26, tiña lugar o Tribunal encargado de seleccionar ó persoal docente para a impartición das accións formativas para desempregados (CDL O Torrón). Este tribunal debía estar constituído por presidente, secretario/a e tres vogais. Tanto o presidente coma o/a secretario/a tiñan que cumprir a condición de ser funcionarios, como así o establecían as propias bases da convocatoria. O problema xorde cando o Alcalde (Besada) designa como secretaria a unha persoa traballadora do Concello que non cumpre dita condición. Esta persoa, ó decatarse do feito, presentaba a súa renuncia de xeito motivado e por escrito, xa que incurriría nunha gravísima irregularidade”.

 

 

 

 

Os Populares instan ós socialistas a reflexionar de novo, para dar salida a esta situación de bloqueo por parte do actual Alcalde e o seu Grupo de Goberno

 

 

 


“O Alcalde, xunto ó Concelleiro de Persoal, achegouse ó lugar de traballo desta persoa, onde varios veciños/as foron testigos das numerosas faltas de respeto, gritos e amenazas que o Alcalde profiriu á traballadora por negarse a pertencer ó tribunal (do que non cumpría as condicións). Pois ben, no Pleno, o Alcalde decidiu non retractarse de nada e cortar o tema de raíz, impedindo as nosas preguntas sobre o tema e, asegurando que non iba a contestar. Pola súa parte, o Concelleiro de Facenda e a Tenente Alcalde tomaron a posición de encubrilo. Parécenos lamentable, intolerable e inadmisible que un Alcalde amose esta actitude cun traballador. De igual xeito, seméllasenos lamentable que en vez de facer un Convenio Laboral ou aprobar a Relación de Postos de Traballo, o  Responsable de Persoal respalde as actitudes dun Alcalde que denigra ás/ ós traballadoras/es por negarse a cumprir as súas ordes, aínda que estas vaian en contra da Lei”

 

Segundo afirma Davila, esta "non é a primeira vez que Besada amosa esta actitude xa que tamén o fixo con outros/as traballadores/as do Concello, con algún/has veciños/as que increpou ó rematar os Plenos Municipais ou na mesma rúa e cos insultos que profire en cada Pleno Municipal ós demáis membros da corporación".

 

“Polo demais, Besada continuou coa actitude dos últimos plenos: altivo, mentiroso e inquisidor, vetando propostas da oposición e impedindo a súa votación. Por todo o anterior, instamos de novo ó Partido Socialista a que reflexione, xa que os veciños de Salceda non se merecen un Alcalde como Besada, que os engane e utilice e que xestione o Goberno en contra dos intereses dos mesmos” remata.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.