Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 04 de Noviembre de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP de Salceda agarda que o Alcalde explique ós veciños" onde están os cartos do Caso Auditorio"

A petición realizada polo Partido Popular, o Pleno Extraordinario terá lugar o vindeiro Luns día 6 ás 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello.

O voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, traslada a decisión dos populares de solicitar por rexistro o pasado venres 29 de setembro a convocatoria dun Pleno Extraordinario para tratar dous temas de gran relevancia para os/as salcedenses (Caso Auditorio e rebaixa do IBI), dados os vetos do Alcalde nos dous últimos Plenos Municipais (Agosto e Outubro).

 

“O pasado mes de xuño, este Grupo denunciaba ante á opinión pública a falta nas contas do Concello do importe correspondente á recadación das entradas, cobradas a veciños/as, por tres actuacións no Auditorio Municipal no ano 2016. Dita denuncia fundamentábase na ausencia do apunte contable no Libro Maior de Ingresos do importe obtido da venda das mesmas, por ser unha actuación organizada, na súa integridade, polo Concello” explica Davila.

 

“Ante a gravidade da situación, este Grupo solicitaba a comparecencia do Alcalde, da Concelleira de Cultura e do Concelleiro de Facenda no Pleno Municipal celebrado o 30 de xuño, unha comparecencia que amosou a insostibilidade do argumento do Goberno ó non ser quen de demostrar con documentos oficiais o paradeiro dos cartos. Dado que a mesma non resultou clara, o seguinte paso foi solicitar no Pleno do 25 de Agosto a creación dunha Comisión, moción que foi vetada polo Alcalde ó decidir non sometela nin tan sequera á votación dos membros da corporación. Por todo o anterior, e nun intento de que se esclareza o acontecido, decidimos solicitar a Creación dunha Comisión Informativa Especial” aclara Davila.

 

 

 

 

Os populares solicitaron a creación dunha Comisión Informativa Especial sobre o Caso Auditorio e a modificación da Ordenanza Fiscal nº21 reguladora do IBI (urbana)

 

 

 

 

Continúa o voceiro “outro dos temas que incluimos na solicitude, foi a modificación da ordenanza fiscal nº21 reguladora do IBI (urbana): xa que o noso Grupo considera que a aplicación do tipo xeral -0,50%- a bens inmobles de escasa entidade constructiva e calificados como almacén (galiñeiros e cobertizos…), precisos para a almacenaxe en entornos de ámbito rural é excesivo, propuxemos ó Goberno a aplicación ós mesmos do tipo mínimo -0,40%- (o que suporía unha rebaixa do 20% no recibo do IBI para o ano 2018).

 

Asemade, contemplabamos a posibilidade de que os suxeitos pasivos que ostentasen a condición de titulares de familia numerosa gozasen dunha serie de bonificacións. Esta moción foi tamén vetada polo Alcalde que, de xeito unilateral, decidiu non someter a votación a súa urxencia para poder debatela, amosando unha actitude inquisidora e intolerable que, para nada, representa os intereses dos veciños e das veciñas”.

 

“Non contento con vetar as nosas propostas, Besada tampouco convocou o Pleno Extraordinario, a sabendas de que se lle esgotaba o prazo. Por isto, de acordo co exposto e conforme o disposto polo artigo 46.2 da Lei 7/1985 do 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local e dado que o Pleno Extraordinario non foi convocado expresamente polo Alcalde no prazo de 15 días hábiles dende a súa solicitude, o mesmo quedou automáticamente convocado para o Luns  6 de novembro ás 12 horas” explica o popular.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.