Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 08 de Noviembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

O Obradoiro “Mos Rehabilita” dá traballo a 20 alumnos

Onte presentouse na Axencia de Colocación esta acción formativo-laboral que conta cunha subvención autonómica de preto de 300.000 euros.

[Img #36480]

Onte celebrouse no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos a presentación do Obradoiro de Emprego “Mos Rehabilita”, na que estiveron presentes Ignacio López-Chaves, delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio Rial, xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Óscar Soto, concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, demais membros do equipo de goberno local e alumnos/as-traballadores/as do Obradoiro e os integrantes do equipo de directivos e docentes do mesmo.


Para a realización deste Obradoiro a consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia concedeulle ao Concello de Mos unha subvención de 279.959,00 euros.


O Obradoiro de Emprego “Mos Rehabilita” está integrado por 5 membros do equipo directivo/docente, 12 alumnos-traballadores da especialidade construcción con novos materiais (dos cales 2 son mulleres) e 8 alumnos-traballadores da especialidade fabricación mecánica/soldadura (na que hai 1 muller), resultando un total de 20 alumnos-traballadores e 25 integrantes incluíndo ao director e ao profesorado.


Durante os nove meses de duración do Obradoiro, que comezou o pasado 11 de outubro e rematará o 10 de xullo de 2018, realizaranse obras e servizos de acabados de construción con novos materiais e fabricación mecánica.


Os acabados de construción con novos materiais que se farán son a rehabilitación do edificio municipal do departamento de Vías e Obras mellorando o aspecto exterior de fachadas e cubertas, a impermeabilización e a eficiencia enerxética; a rehabilitación e posta en marcha dos muíños da Barxa e Porteliña  e a recuperación integral da cuberta e da fachada do Muíño do Cepo; así como a restauración ou reparación de elementos deteriorados de fontes e lavadoiros (do amplo listado que figura  como patrimonio do Concello) para voltar á súa imaxe orixinal.


E por outra banda na especialidade de fabricación mecánica acometeranse barandillas interiores e exteriores para o edificio de Vías e Obras, construiranse os elementos necesarios para por en marcha os muíños, mellorarase a seguridade nos colexios de Atín e Pena de Francia, mellorarase a cuberta do edificio do Servizo Municipal de Emerxencias, crearase un espazo “street work out” e instalaranse paneis informativos mediante chapas metálicas e ancoraxes  sobre postes metálicos  para soporte de textos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.