Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 09 de Noviembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Rematan as obras nos viais da Fábrica e Sequeiros

A Xunta financia os traballos de optimización da seguridade viaria en ambas estradas municipais, sitas nas parroquias de Pereiras e Cela.

[Img #36532]

 

Xa se atopa rematada a obra de mellora da seguridade viaria no Camiño da Fábrica, parroquia de Pereiras, e esta mesma tarde finalizarán os traballos no Camiño de Sequeiros, parroquia de Cela; incluídos no Plan Municipal Anual de Mellora de Camiños do presente ano 2017. Hoxe pola mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Vías e Obras mosense, Luis Alonso, o concelleiro da parroquia de Cela, Cándido Pérez, e o arquitecto municipal supervisaron os labores de reposición do firme no Camiño de Sequeiros.


Os camiños da Fábrica e Sequeiros son dúas infraestruras viarias de titularidade municipal que foron optimizadas grazas a unha subvención autonómica, concretamente da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) da consellería do Medio Rural, que ascende a 44.800,22 euros.


As melloras acometidas consistiron en reforma do firme e pavimento existentes, mellora do sistema de drenaxe e da seguridade vial, así como reforzo de noiros e cunetas.


No Camiño da Fábrica optimizouse a integridade da lonxitude do vial que ascende a 413 metros que transcorren dende a estrada autonómica Porriño-Gondomar PO-331 ata o Camiño das Rozas.


Previamente á reposición do firme, o Camiño da Fábrica requeriu de actuacións previas que incluíron o desbroce lateral, caixeado dos baches e protuberancias, a demolición de pavimentos moi fisurados, a excavación para reparación das protuberancias e baches e o seu posterior recheo.


E pola súa banda, no Camiño de Sequeiros melloráronse dous tramos. O primeiro tramo é o propio vial do Camiño de Sequeiros que ten unha extensión de 497 metros e o segundo tramo, de 37 metros de lonxitude, é un ramal que parte dende o punto quilométrico 450 do Camiño de Sequeiros.


No Camiño de Sequeiros realizáronse, complementariamente ós traballos de mellora do firme, o desbroce lateral e a excavación para o ensanche de caixa; así como a reposición do sistema de drenaxe no punto quilométrico 40 que estaba formado por un tubo de formigón en mal estado que ocasiona encharcamentos importantes en épocas de choiva. Dita reposición do sistema de drenaxe requeriu da realización de corte e levantado do pavimento, excavación e retirada do colector en mal estado, colocación de novo tubo de formigón con reforzo e de arquetas e elementos auxiliares.


En total a mellora beneficia a 947 metros de viais nas parroquias de Pereiras e Cela.


Con ambas actuacións o Concello de Mos continúa co seu compromiso de manter en óptimas condicións as estradas e camiños do Concello en aras de preservar a seguridade de condutores e peóns. Dito compromiso é o que fai que anualmente se asfalten en Mos unha media de entre 6 e 8 camiños municipais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.