SALCEDA DE CASELAS
As iniciativas socialistas sobre a ampliación do Altamira foron contestadas no parlamento
A consellería afirma que se está a traballar na mesma.
![[Img #36559]](upload/img/periodico/img_36559.jpg)
No mes de setembro, ó igual que anos anteriores, os socialistas de Salceda a través do grupo parlamentario presentaron sendas iniciativas sobre a ampliación do CEP Altamira, a implantación do ensino postobrigatorio en Salceda e o transporte ós institutos máis próximos.
Verónica Tourón e Gela Ledo, asistiron esta semana á sesión parlamentaria na que se discutiron as súas propostas, que para as concelleiras “son primordiais e de urxente necesidade”.
“Levamos varios anos presentando preguntas, emendas ós orzamentos e outras iniciativas que nunca tiñan resposta afirmativa, alegrámonos de que a lo menos, este ano non se limitasen a dicirnos que a situación de Salceda tamén a padecían outras localidades, avanzando algo ao ver que están estudando o tema”, concreta a voceira municipal.
Se ben a resposta foi que están a traballar na ampliación, “votamos de menos que á pregunta sobre o prazo para a súa execución fose ignorada e non saíramos con algo máis concreto”, afirma a voceira socialista Verónica Tourón.
Por outra banda, aseguran que "quedou patente a falta de coñecemento do conselleiro sobre a situación real da educación en Salceda, dando datos totalmente erróneos, deixando sen contestar a situación do transporte e quitándolle importancia a necesidade de ter en Salceda a lo menos bacharelato”, explica Gela Ledo, “A ollos da consellería os rapaces e rapazas de Salceda non son iguales ós que viven noutros concellos limítrofes”.
A saída do hemiciclo, as concelleiras reuníronse co voceiro do Parlamento, Xoaquín F. Leiceaga, co portavoz de Educación Luis Álvarez e outros parlamentarios do seu grupo, para seguir traballando e insistindo ó goberno do PP nesta e noutras iniciativas necesarias para Salceda entre as que as socialistas destacan o novo centro de saúde, saneamento, melloras na PO-511 entre outras.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115