MOS
Mos continuará no 2018 coa conxelación en todos os impostos municipais
Actualmente a administración local acaba de incluir novas bonificacións para empresas que decidan instalarse no municipio.
![[Img #36613]](upload/img/periodico/img_36613.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Facenda mosense, Alberto Méndez, anunciaron esta semana que o vindeiro 2018 continuarase coa conxelación de impostos e taxas municipais que se ven mantendo dende os últimos 5 anos consecutivos.
Esta conxelación produciuse no 2012 e ven sendo efectiva durante os pasados exercizos económicos do 2013, 2014, 2015, 2016 e o actual 2017. Ademais dende o ano 2014 o Concello de Mos incorporou reduccións nalgúns impostos e taxas municipais, así como bonificacións nos mesmos para certos colectivos, que o goberno local mosense continúa agora, poñendo en marcha unha serie de beneficios e facilidades para as empresas que decidan instalarse en Mos.
Ademais existe no Concello de Mos un Plan Personalizado de Pagamento de Impostos Municipais consistente na posibilidade do fraccionamento do pago dos mesmos.
Deste xeito os contribuíntes mosenses contan tres tipos de beneficios: conxelación, bonificación ou posibilidade de fraccionamento, dependendo do imposto ou taxa concretos dos que se trate.
Grazas á mencionada conxelación, os importes dos impostos e taxas municipais seguirán bloqueados durante o 2018 e non experimentarán subidas que graven ós contribuíntes mosenses.
Bonificacións
As bonificacións incorporadas xa no ano 2014 son as relativas á taxa do lixo, Imposto de Rodaxe, IBI, taxa por expedición de documentos admistrativos, taxa de uso da Piscina Municipal, SAF e Imposto de Construcións, Istalacións e Obras.
A taxa do lixo, redúcese á metade para os pensionistas, e as familias monoparentais e numerosas que perciban menos do 75% do Salario Mínimo Interprofesional. No caso do Imposto de Rodaxe, están exentos do pago os vehículos históricos e os condutores cunha minusvalía maior do 33%, e teñen reducido nun 75% o importe do imposto os vehículos con motor eléctrico. No que respecta ó Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), as familias numerosas pagan o 50% do mesmo. As bonificacións nas taxas por expedición de documentos administrativos consisten en que non teñen que pagar por ditos documentos os desempregados empadroados en Mos que non perciben ningún tipo de prestación. Na taxa de uso da Piscina Municipal, esta está reducida do 20% ó 30% para colectivos veciñais, culturais e deportivos para usos de 15 a 30 membros e existen descontos para familias nos cursos de natación, pagando a metade o primeiro fillo menor de idade e sendo gratis para o segundo e restantes fillos; e o prezo infantil (12 euros) dos cursos de natación mantense no rango de idade de 4 a 16 anos, prezo que se fai tamén extensivo a persoas con discapacidade superior ó 33% e pensionistas. Respecto do Servizo de Axuda no Fogar para persoas dependentes, SAF, no caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas a efectos públicos (IPREM 532,51 euros), queda exenta do pago da taxa por dito servizo. Por último, o Imposto de Construccións, Instalacións e Obras bonifícase no 50% no caso de construccións, instalacións e obras referentes ás vivendas de protección oficial durante os tres anos seguintes ao do outorgamento da célula de cualificación definitiva.
A última das novidades respecto de bonificacións aprobouse no pasado Pleno Ordinario da Corporación coa adhesión ao convenio asinado entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP “Concellos Doing-Business Galicia” para fomentar a implantación e fixación de empresas no termo municipal de Mos.
Os obxectivos desta adhesión son impulsar medidas que favorezan e fomenten a implantación e fixación de empresas no territorio mosense e crear incentivos para consolidar a decisión das empresas de implantarse en Mos.
Ditas medidas, que se adoitarán grazas á adhesión a este convenio, son unha serie de bonificacións nos Imposto de Bens Inmobles, Imposto de actividades económicas, Imposto de instalacións, construcións e obras e as Taxas pola prestación de servicios urbanísticos ou equivalentes e a Taxa pola apertura de establecementos para as empresas que decidan instalarse e abrir as súas portas no Concello de Mos.
No Imposto sobre bens inmobles (IBI), no Imposto sobre actividades económicas (IAE) e no Imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO) as porcentaxes de bonificación son dun 95% pola creación de máis de 20 postos de traballo, dun 75% pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo e dun 50% pola creación de ata 10 postos de traballo.
Nas Taxas pola prestación de servizos urbanísticos ou equivalentes e pola apertura de establecementos, establécese a non suxeición a dito tributo ós autónomos e empresas que soliciten licenza de obra, de apertura, ou verificación “a posteriori” de comunicación previa para levar a cabo a súa implantación no termo municipal, así como para a ampliación dun establecemento empresarial xa existente sempre que conleve a creación de novos postos de traballo.
Todas as bonificacións manteranse durante tres exercizos orzamentarios, e concederanse a petición do interesado, unha vez que acredite que se cumpren as condicións requeridas para ser beneficiario de ditas bonificacións.
Fraccionamento
Ademais das anteriormente descritas bonificacións, o Plan Personalizado de Pagamento de Impostos Municipais é outro dos indiscutibles beneficios ou facilidades para os contribuíntes mosenses e consiste na posibilidade de fraccionamento de calquera dos impostos municipais, que poden realizar en dúas modalidades. Ou ben en dous prazos sen intereses dentro do período voluntario de pagamento aboando o 50% do total do importe ó principio do período voluntario e o 50% restante ó final do mesmo. Ou ben en ata 12 prazos con ata o 3% de intereses como máximo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129