Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Xornal21
Martes, 21 de Noviembre de 2017 Tiempo de lectura:
No marco do programa Tecendo Lazos

En decembro celebrarase en Tui o obradoiro “Risos en Familia”

O prazo de inscrición está aberto ata o 5 de decembro na casa do concello.

En decembro celebrarase en Tui o obradoiro interxeneracional “Risos en familia: risoterapia creativa anti-estrés” dentro do programa Tecendo Lazos que oferta a Deputación de Pontevedra, e no que neste caso colabora o Concello de Tui.


[Img #36728]O obradoiro terá lugar os martes, mércores, xoves e venres do 19 ao 29 de decembro en horario de 18 a 20h na Área Panorámica.


O obxectivo deste obradoiro é aprender a rir para tomarnos a vida con máis sentido do humor  e afrontar os problemas cotiás con positividade para favorecer as relacións individuais, familiares, comunitarias e sociais entre as persoas participantes. Ao tempo se busca fomentar a cooperación e interacción e o intercambio de experiencias entre as distintas xeracións.  Ao longo de oito xornadas os participantes realizan xogos, prácticas de humor, relación combinada con risas, maxia…


Tamén durante dúas das dezaseis horas de duración do obradoiro o  módulo denominado “A Historia do Meu Concello”, que recollerá actividades enfocadas a recompilación de fotografías, historias, lendas, contos, etc. en formato papel ou audiovisual do municipio.


Esta actividade vai dirixida a persoas dende os 10 anos ata os 99 anos de idade, tendo preferencia aquelas que formen parte da mesma familia, se anoten xuntas e pertenzan a diferentes xeracións. Os menores de 13 anos deberán acudir sempre en compañía dunha persoa adulta, e os que teñan entre 13 e 17 anos e desexen acudir sos deberán achegar o consentimento da nai, pai ou titor.


Ofértanse un total de 30 prazas. Os interesados poden inscribirse nos Servizos Sociais do Concello de Tui de luns a venres de 9 a 14h até o 5 de decembro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.