Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 16 de Noviembre de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Técnicos de Medio Ambiente falarán cos afectados polo lindano mañá venres

A alcaldesa mantivo este mércores unha xuntanza en Santiago con responsábeis e técnicos da Consellería de Medio Ambiente para coñecer, en primeira persoa, os resultados das analíticas realizadas e as medidas adoptadas polo Goberno de Galicia no Contrasto, logo da aparición de lindano nunha obra de saneamento que se estaba a realizar neste lugar da parroquia de Torneiros.


Así mesmo, Eva García de la Torre, como xa fixera o Goberno local logo de manter unha reunión coa comisión dos veciños o pasado día 8, reiterou a demanda de que técnicos da Xunta de Galicia, que ten a competencia no tratamento desta filtración, tivesen unha xuntanza con eles e con representantes municipais, e conqueriu que a mesma teña lugar no salón de Plenos do Concello o vindeiro venres,día 17 de novembro, ás 6 da tarde.


García de la Torre subliñou que,“como nos comprometemos cos veciños, seguiremos transmitíndolles todas as novidades que nos comunique a  Xunta de Galicia” en resposta as esixencias de información feitas polo Goberno municipal, principalmente a aqueles residentes no Contrasto que so poden abastecerse por medio de pozo que, como se sinalara o pasado luns nunha convocatoria no Concello, á que asistiron 75 familias da zona, son os que poderían verse máis afectados por posíbeis filtracións de lindano a auga.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.