GALICIA
Beatriz Mato destaca a necesidade de concienciación para a erradicación dos residuos mariños
A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, participou hoxe na presentación dun proxecto de colaboración entre o Deportivo da Coruña, Autoridade Portuaria e a firma Acoalf para a valorización a través da moda dos residuos recollidos polos arrastreiros.
![[Img #36765]](upload/img/periodico/img_36765.jpg)
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, destacou a necesidade de concienciación para a erradicación dos residuos mariños durante a presentación dun proxecto de colaboración entre o Deportivo da Coruña, Autoridade Portuaria e a firma Ecoalf para a valorización, a través da moda, dos residuos recollidos polos arrastreiros.
A titular do departamento autonómico valorou esta iniciativa por canto supón un paso máis para a implantación efectiva da Economía circular como unha alternativa ao modelo actual de fabricar-usar-tirar. Un sistema circular, sinalou, baseado, precisamente, na conversión dos residuos en novas materias primas e, por tanto, alongando a vida útil dos produtos e reducindo a xeración de residuos.
Así, a conselleira de Medio Ambiente destacou a importancia de acordos coma este que, dixo, “son un excelente exemplo de colaboración entre as institucións públicas e privadas en favor do medio ambiente”. Nesta liña, quixo poñer de relevo a aposta da Autoridade Portuaria pola diminución dos vertidos deste tipo de residuos ao mar mediante o seu servizo de recepción do material de refugallo procedente de buques.
A titular do departamento autonómico asegurou que iniciativas como a de Acoalf contribúen á implantación efectiva da Economía circular como unha alternativa ao actual modelo de fabricar-usar-tirar
Tamén deu os parabéns ao Deportivo da Coruña porque serán os embaixadores dunha moda deseñada e elaborada a partir de produtos reciclados.
Xornada en Santiago
Ademais, a conselleira de Medio Ambiente aproveitou a ocasión para convidar aos axentes sociais a participar nunha xornada para abordar, desde unha perspectiva global e coordinada, os posibles efectos dos residuos no medio mariño, que se celebrará a vindeira semana en Santiago. Unha iniciativa coa que se pretende concienciar á sociedade sobre a necesidade de acadar compromisos comúns na erradicación deste tipo de residuos nun medio tan importante para Galicia como é o mar.
Sinalou que os residuos mariños supoñen unha grave ameaza para a vida no mar, o que centrará unha xornada organizada pola Conselleria de Medio Ambiente en Santiago para a vindeira semana co fin de sensibilizar á sociedade sobre a necesidade de reducir o lixo no mar
A titular do departamento de Medio Ambiente recordou que os residuos mariños supoñen unha grave ameaza para a vida no mar, tanto pola súa elevada cantidade como pola súa composición, maioritariamente de plástico, que se fragmenta en pequenas partículas e afectan de forma moi negativa aos ecosistemas.
Finalmente, a conselleira recordou que nas vindeiras semanas A Coruña acollerá un evento para o fomento da Economía circular co fin de promover iniciativas que, como a de Acoalf, engaden ás catro erres tradicionais -reducir, recuperar, reutilizar e reciclar- moitas outras erres como redeseñar, refabricar, repensar, reparar, etc.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149