PROVINCIA
A Deputación implícase “ao 100% na loita contra a expansión da Vespa Velutina”
A Deputación asinou coa Universidade de Vigo un convenio para investigación “e dar unha resposta seria e rigorosa para poder establecer protocolos de actuación con garantías”.
![[Img #36763]](upload/img/periodico/img_36763.jpg)
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou esta semana xunto a Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, e as investigadoras Josefina Garrido e María Calviño, o convenio que servirá para dar resposta á expansión que está tendo na provincia de Pontevedra a Vespa Velutina e ao seu efecto sobre a produción apícola.
No acto, Carmela Silva salientou que “na Deputación de Pontevedra, como xa amosamos durante o Pleno do 29 de setembro, estamos enormemente preocupados pola invasión da Vespa Velutina e pola pouca información existente ao respecto. Con este convenio queremos dotar de medios á investigación, pois senón hai coñecemento non se poderá resolver esta problemática.”
En relación á loita fronte a esta problemática, Carmela Silva deixou clara a implicación da institución provincial e reclamou á Xunta de Galicia “que como administración competente tomen as medidas necesarias porque isto é unha cuestión moi seria que está afectando dunha forma grave a nosa poboación, especialmente a sectores que tiñan unha proxección económica de futuro moi importante.” Durante a súa intervención, a presidenta da Deputación quixo unirse ás reclamacións expostas por Laura García Sáez, asesora xurídica da Asociación Galega de Apicultura, no Pleno da Deputación de Pontevedra demandando a necesidade dun plan de loita efectivo que conte cun financiamento e un seguimento axeitado.
O Reitor da Universidade insistiu na especial gravidade da expansión da velutina “estamos ante a filosera da apicultura, e todos sabemos como se arruinaron os cultivos de viño”
A Vespa Velutina ou asiática introduciuse en Europa por Francia e tivo unha rápida expansión. A día de hoxe xa forma parte da lista de especies exóticas invasoras da Unión Europea e do Estado español. Actualmente o 87 por cento dos concellos da provincia de Pontevedra está afectada pola presenza de niños, sendo as comarcas de Vigo, Baixo Miño, O Morrazo e o Deza as máis afectadas pola presenza deste insecto.
O descoñecemento do tratamento e o combate contra este insecto fai imposible o seu control no seu desenvolvemento por toda a provincia. Por elo, a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo consideran necesario investigar como manexar a Vespa Velutina. En verbas da presidenta da Deputación, “este é un tema moi serio que require investigación. Aínda que non son as nosas competencias, como somos unha administración seria e responsable, ante un caso tan grave que afecta aos concellos da nosa provincia, consideramos fundamental a firma deste convenio. Co talento da Universidade de Vigo converterémonos nun referente no estudo sobre a velutina que permitiranos atopar instrumentos e tomar medidas para que a súa presenza non teña efectos negativos.”
A Presidenta compartiu as reclamacións da Asociación Galega de Apicultura e instou á Xunta, “que é a administración que ten as competencias”, a implicarse do mesmo xeito
En canto aos obxectivos desta investigación, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, explicou que “preténdese atenuar os efectos desta especie invasora e crear protocolos de actuación e de conducta que permitan ser máis eficiente que permita tranquilizar á poboación. En concreto marcámonos dous obxectivos básicos, por unha banda detectar os niños da maneira máis tempérana posible e por outro o estudo do comportamento desta especie a través da creación da primeira estación experimental.” A investigadora da área de ecoloxía, María Calviño, engadiu que con esta investigación “queremos establecer uns protocolos fáciles de poñer en marcha, que non sexan especialmente caros e que nos permita aumentar a eficacia da destrución dos niños.”
No marco deste convenio, a Universidade de Vigo vai a elaborar un protocolo para a detección dos niños mediante métodos baseados no marcaxe con dispositivos que faciliten o seguimento da “Vespa Velutina” e que permita delinear as súas rutas de alimentación. E amais porá en marcha unha Estación Experimental, no Campus de Vigo, para o estudo desta nova especie que sería pioneira en Europa e que foi destacada por Josefina Garrido, investigadora da área de zooloxía especialista en artrópodos, pois segundo ela “poderemos coñecer aspectos do estudo que doutra maneira sería imposible.”
O convenio asinado durará ata o 31 de decembro de 2018 e suporá unha inversión da Deputación de Pontevedra dun total de 60.000 euros, os cales serán abonados en dúas anualidades, corenta mil euros neste 2017 e outros vinte mil no próximo ano. Amais, tal e como apuntou Carmela Silva, “se ao longo do estudo aparecen necesidades de ampliar a investigación ou de medidas que supoñan máis recursos, a Deputación de Pontevedra vaise implicar ao cento por cento.”

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136