Miércoles, 14 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 24 de Noviembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Mos reinterpreta a campaña autonómica do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O Concello fixo público o seu cartel baixo o lema 'O máis grande de Mos non se maltrata'.

[Img #36966]O Concello de Mos fixo pública a súa campaña institucional para o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, que se celebra o próximo sábado 25 de novembro e que é unha reinterpretación do cartel realizado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

 

Para a versión mosense retratáronse a catro mulleres emblemáticas da cultura, o folclore, a música e o deporte locais, así como catro lugares de referencia e de notable beleza, simbólicos do termo municipal. As catro protagonistas imaxe do cartel son a músico da parroquia de Pereiras, Rocío Alonso, a alpinista Verónica Romero, Silvina Álvarez Pereiro do grupo Malvela e Natalia Alonso, xogadora do equipo de fútbol feminino da Unión Deportiva Mos.

 

Por outra banda, os lugares mosenses icónicos elixidos para ilustrar o cartel son o Pazo de Mos, a escultura das leiteiras en Dornelas, a Capela do Santiaguiño en Guizán e o Dolmen de Cela.

 

O lema da campaña, tomado tamén da súa homóloga autonómica -“O máis grande de Galicia non se maltrata”-, é ‘O máis grande de Mos non se maltrata’.

 

Esta imaxe empregarase en tódolos actos institucionais que, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, ten organizado o Concello de Mos para esta fin de semana.

 

Compromiso do conxunto da sociedade

A alcaldesa de Mos insiste en que o compromiso contra a violencia de xénero debe estar presente na conciencia cidadá a diario e non só nunha data concreta e que é preciso seguir sensibilizando a toda a sociedade na loita e prevención da mesma.

 

Lembrou que o municipio de Mos caracterízase pola fortaleza e a valía das súas mulleres que, coma as do cartel, son o orgullo e o máis grande do Concello; por iso non poden ser maltratadas nunca.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.