Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 26 de Noviembre de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O PP cirtica que o pleno resolvese tan só dous dos cinco puntos da orde do día

Dous puntos quedaron sobre a mesa e un terceiro sen opción a votar pola deixadez do executivo de Eva García.

[Img #36970]

 

O Goberno Municipal do Porriño presentaba ao pleno celebrado esta semana, por terceira vez, a anulación de subvencións a asociacións e clubs deportivos que, según o executivo, non teñen xustificado debidamente as  últmas axudas concedidas en base aos seus convenios. Dita anulación comprendía a cantidade de 58.100 euros.
"A nefasta xestión deste expediente por parte do Goberno Municipal, que nunha medida insólita presentou unha enmenda da Alcaldía a súa propia proposta en contra do dictaminado na comisión informativa,  impediu que se chegara a levar a cabo a votación do punto, bloqueando o Voto Particular presentado polos populares a esta modificación orzamentaria" explican os populares.


O grupo municipal do Partido Popular, considerando que "se trataba dunha aprobación inicial según o dictaminado en comisión,   solicitaba a revisión das observacións a todas e cada unha das asociacións e clubs incluidas nese listado e os correspondentes informes de Intervención Municipal ao respecto, ao ter constancia de que existen asociacións incluidas por 'motivos descoñecidos' que terían solicitado estas subvencións nos anos 2015 e 2016 e por parte deste  Goberno se pretendían anular".


A intención dos populares, explican, "non era outra que tanto clubs como asociaciones sexan subvencionados polo Concello do Porriño cumplindo  as bases dos convenios . Estas entidades realizan unha importante labor no eido deportivo, cultural e social da vila en todo caso dependen desta achega municipal para seguir desenvolvendo a súa actividade".

 

 

 

 

O PP defende que "tanto clubs como asociacións sexan subvencionados polo Concello do Porriño cumplindo  as bases dos convenios"

 

 

 


A proposta do PP incluía tamén, que se aumente ata os 6.000 euros para o club de patinaxe do municipio, o Club Patín Porriño, así­ como, a creación dunha nova partida dotada de 10.000 euros para a recén creada "Asociación Deportiva Avanza".


Para sorpresa dos populares, "tras intentar impedir que se admitise a súa proposta,  o executivo tentaba correr unha nova cortina de fume sobre os seus erros e expoñía, sen incluir esto no expediente nen ter contactado co resto dos grupos, unha serie de actuacións a desenvolver coa única intención de forzar a aprobación dun expediente mal xestionado e, a todas luces, inxusto con varias entidades asociativas e deportivas.  O certo é, que o Goberno do Porriño, comprométese con empresas,  clubs e asociacións a asignar achegas sen contar con partidas orzamentarias precisas e pretende despois, cargar responsabilidades sobre os grupos da oposición. É por esto que, dende o PP, pretenden que estas subvencións se reflexen nun orzamento municipal que seguen agardando, pese a terse anunciado infinidade de veces" aseguran nun comunicado de prensa.


Rematan dicindo que "non foi este o único 'despropósito' da sesión derivado da deixadez do executivo que preside Eva García. Tan só dous puntos, os correspondentes a dúas modificacións orzamentarias chegaron a levarse a votación, pois a Alcaldesa, Eva García, sen máis explicacións retirou da orde do día dous puntos máis, un deles, o relativo ao incremento da partida destinada á productividade".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.