Miércoles, 14 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 27 de Noviembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Mos crea o Consello da Igualdade e presenta o novo CIM

80 persoas, entre representantes municipais e de diversas agrupacións e entidades, participaron no acto celebrado este sábado no Multiusos.

[Img #37015]

 

O pasado sábado 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, realizouse no auditorio do Multiusos das Pozas a presentación do novo Centro de Información á Muller, CIM, de Mos. Tivo lugar un almorzo coas diferentes asociacións veciñais, culturais, deportivas e sociais do municipio, representantes dos centros educativos, directora do Centro de Saúde, Policía Local, Garda Civil, Mulleres Rurais, mulleres de Teatro en Igualdade, sindicatos de traballadores, traballadores/as do departamento municipal de Servizos Sociais, etc … para dar a coñecer este novo recurso que o Concello ten a disposición do cidadán, dotado de atención psicolóxica e xurídica.


En total estiveron presentes unhas 80 persoas entre as que se atopaban a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira mosense de Política Social, Sara Cebreiro, as tres traballadoras do CIM de Mos, directora, avogada e psicóloga; e representantes de diversas agrupacións do municipio tales coma CC San Martín de Tameiga, AVV Nosa Terra de Pereiras, AVV Celado, Asodifisi, Escravas da Virxe Dolorosa, AVV Dornelas, A Cividade de Louredo, Asociación Española contra o Cancro e AVV San Mamede de Torroso.


En dita xuntanza procedeuse tamén á creación do Consello da Igualdade formado por unha persoa representante de cada entidade das presentes.


O día 1 de xuño comezou a prestarse atención ao público no Centro de Información á Muller, CIM, do Concello de Mos. Dende entón, e durante os seus cinco primeiros meses de vida, foron atendidos no Centro de Información á Muller mosense un total de 48 usuarios: 46 mulleres e 2 homes. Dos 48 usuarios do CIM de Mos, 17 deles/as recibiron atención psicolóxica, 38 asesoramento xurídico e 7 recibiron ambos servizos. Todos/as os/as usuarios/as beneficiarios/as do servizo de atención psicolóxica asistiron xa a varias sesións.


O rango de idade da maioría dos/as usuarios/as do CIM de Mos é de 25 a 54 anos e destaca o feito de que 4 dos/as 48 usuarios/as son vítimas de violencia de xénero e están catalogadas como de alto risco polo CIM.

 

O horario de atención psicolóxica no CIM de Mos é os luns e mércores, de 09.00 horas a 14.00 horas, e a atención xurídica os martes e venres de 09.00 horas a 14.00 horas e os xoves de 15.30 horas a 20.30 horas; de xeito que o centro está aberto tódolos días da semana de luns a venres.


O teléfono para pedir cita para o CIM é o mesmo que o do departamento municipal de Servizos Sociais, o 986337278. O Centro de Información á Muller de Mos conta con tres traballadoras: unha directora, que é a psicóloga municipal, unha psicóloga e unha abogada. As instalacións do CIM atópanse ubicadas nos baixos do edificio municipal que alberga as dependencias de Urbanismo e Servizos Sociais.


O edificio municipal no que se atopan os departamentos de Urbanismo e Servizos Sociais contaba con dúas estancias baleiras e dispoñibles para destinar a este novo centro, que ademais, atópase ubicado a poucos metros da Casa Consistorial.


A finais de febreiro de 2017 anunciábase xa dende a administración local mosense que se estaba a xestionar coa Xunta de Galicia a creación dun Centro de Información á Muller na localidade e que se estaba a traballar nun proxecto que lle sería presentado á Secretaría Xeral da Igualdade. Tras 3 meses de xestións o novo CIM de Mos era xa unha realidade.


Ata o de agora os e as mosenses que solicitaban os servizos do CIM, debían acudir ó da veciña localidade do Porriño, feito que cambiou coa implantación dun Centro en Mos, que lles evita aos/ás usuarios/as ter que desprazarse.


Os Centros de Información ás Mulleres son un servizo de titularidade municipal que, entre outras actividades, proporciona asesoramento xurídico e atención psicolóxica especializada tanto a maiores de idade coma ás persoas menores, orientación profesional, teleasistencia móbil para vítimas de violencia de xénero, información dos recursos e máis información encamiñada a conquerir a igualdade. As usuarias dos CIM son na súa maioría mulleres novas, con fillos, cun nivel básico de estudos e das que o 38% está en situación de desemprego.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.