GALICIA
Galicia acollerá a II ‘Cumbre Académica y del Conocimiento’
O conselleiro e os tres reitores confirmaron a boa nova no marco da reunión desta entidade na Conferencia anual de ANUIES, en México.
![[Img #37022]](upload/img/periodico/img_37022.jpg)
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, vén de confirmar que a segunda Cumbre Académica y del Conocimiento CELAC-UE (Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños e a Unión Europea) se celebrará en Galicia, concretamente en 2019 en Santiago de Compostela. A noticia coñeceuse no marco do Consello Universitario desta entidade na Conferencia anual da Asociación Nacional de Universidades e Instituciones de Educación Superior de México (ANUIES), que se está a celebrar en Guadalajara (México).
Tanto o conselleiro como os reitores das tres universidades galegas, Juan Viaño (Universidade de Santiago de Compostela), Salustiano Mato (Universidade de Vigo) e Julio Abalde (Universidade da Coruña), amosaron a súa satisfacción pola celebración deste encontro na nosa Comunidade, que suporá a chegada a Galicia de 500 representantes de universidades iberoamericanas e da Unión Europea.
De feito, o conselleiro trasladou, no seo da conferencia da ANUIES, o seu agradecemento e “orgullo” por acoller este cumio, que suporá, nas súas palabras, “unha gran oportunidade para incrementar a presenza das universidades iberoamericanas en España e en Europa, e viceversa”. Ademais, Román Rodríguez puxo en valor o Sistema Universitario de Galicia (SUG), con titulacións atractivas desde o punto de vista tecnolóxico tanto para docentes como para alumnos estranxeiros. Así mesmo, este foro tamén funcionará como un acto preparatorio no eido internacional de cara ao Xacobeo 2021.
Espazo Común Euro-Latinoamericano e Caribeño
No marco deste encontro, avanzarase na construción dun Espazo Común Euro-Latinoamericano e Caribeño de Educación Superior, Ciencia, Tecnoloxía e Innovación. Cómpre lembrar que, neste sentido, o conselleiro vén de asinar tamén un memorando de entendemento para colaborar en actividades académicas, científicas e culturais de interese común con ANUIES. Este Espazo común construirase a partir de espazos, mecanismos e instrumentos existentes, como a European University Association (EUA) e os Espazos Europeo e Latinoamericano e Caribeño de Educación Superior.
O encontro, que terá lugar en 2019, suporá a chegada de máis de 500 representantes de universidades iberoamericanas e da Unión Europea
Entre os obxectivos do Espazo Común, enunciados na Declaración de San Salvador (5 e 6 de outubro de 2017), está o de afondar no impulso da mobilidade académica, a cooperación entre institucións e o intercambio de experiencias e boas prácticas en materia de docencia, investigación, extensión e xestión. Así mesmo, fomentaranse acordos bilaterais, rexionais e birrexionais de recoñecemento de títulos e plans de estudo, dentro do marco da autonomía universitaria, co fin de aproximar os sistemas de educación superior europeos, latinoamericanos e caribeños. Neste sentido, cómpre tamén crear un marco de colaboración entre os sistemas nacionais e rexionais de avaliación, calidade e acreditación, como base para favorecer a mobilidade.
No eido da I+D+i, impulsarase a cooperación entre os sistemas de investigación científica, de tecnoloxía e innovación, particularmente no que atinxe á mobilidade de investigadores, o uso compartido de infraestruturas e capacidades científicas, e a participación de científicos de ambas rexións en proxectos de investigación estratéxicos conxuntos.
Será o Consello Universitario da CELAC-UE o órgano encargado de facilitar o diálogo, a concertación e a cooperación entre universidades, consellos, conferencias, asociacións e redes universitarias dos Estados membros da UE e a CELAC.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149