NIGRÁN
O Concello de Nigrán adiantará a segunda edición do 'Vive Nigrán' ao 20 e 21 de xullo
O 'Pícnic-pop festival' incluído no 'Rías Baixas Fest' e patrocinado por Mahou debutou o pasado 26 e 27 de agosto no antigo campo de fútbol de Lourido, en Praia América, con máis de 4.000 asistentes.
![[Img #37083]](upload/img/periodico/img_37083.jpg)
O Concello de Nigrán anuncia o adianto da segunda edición do festival 'Vive Nigrán' ao 20 e 21 de xullo de 2018 despois de que debutase este verán no antigo campo de fútbol de Lourido, en Praia América, o 26 e 27 de agosto con máis de 4.000 asistentes. O 'Pícnic-pop festival' incluído no 'Rías Baixas Fest' da Deputación de Pontevedra e patrocinado por Mahou ofrecerá, un ano máis e na mesma localización, algunhas das mellores bandas da escea independente coincidindo nesta ocasión en venres e sábado.
"Apostamos forte por 'Vive Nigrán', por iso queremos adiantalo á semana do ano que Nigrán recibe máis visitantes e cando a probabilidade de bo tempo é moito maior; xa estamos traballando nel porque queremos que sexa un referente galego para os afeccionados á música en directo", sinala o alcalde, Juan González.
"Apostamos forte por 'Vive Nigrán', por iso queremos adiantalo á semana do ano que Nigrán recibe máis visitantes e cando a probabilidade de bo tempo é moito maior", sinala o alcalde, Juan González
Organizado entre Concello de Nigrán e 'La décima planta', 'Vive Nigrán' ofreceu na súa primeira edición algunha das propostas máis emerxentes do panorama nacional independente (Las Bistecs, Joe Crepúsculo, Viva Suecia, Basanta...). Como na súa primeira edición, mantense unha proposta transversal que vai máis alá dos concertos en directo a pé de praia: volverá a haber obradoiros infantís, zona gastronómica, charlas culturais... Unha serie de actividades que debuxan un 'Pícnic pop festival' de cultura creativa nun espazo máxico: fronte ao Atlántico, co perfil das illas Cíes ao fondo, nun extremo de Praia América-Lourido e a pé da marabillosa península de Monte Lourido.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115