PROVINCIA
Redondela, Nigrán, Gondomar, Baiona e Salceda súmanse á Plataforma Non a Porto Cabral
O colectivo reúne xa ao 90% do sector de Vigo e a súa comarca.
![[Img #37099]](upload/img/periodico/img_37099.jpg)
O movemento en contra da instalación en Vigo do macrocentro comercial Porto Cabral crece cada semana. A plataforma creada a inicios de novembro, representando ao comercio de 5 concellos (Vigo, Cangas, Moaña, Bueu e O Porriño), sumou nos últimos días as adhesións dos comerciantes de Redondela (AER), Salceda de Caselas, Nigrán, Baiona e Gondomar, estes tres últimos unidos na asociación OVALMI.
O intento de instalar Porto Cabral suporía un golpe mortal a este sector, coa pérdida estimada duns 6.000 empregos, un problema que afectará a Vigo pero, especialmente, ao pequeno comercio dos concellos limítrofes. Por iso, onte a Plataforma tivo unha reunión na sede dos comerciantes de Redondela, que acaba de sumarse a este movemento, onde deron a benvida as novos colectivos o programaron as accións que se van levar a cabo nas vindeiras semanas.
A recollida de firmas online do portal Change.org, que sigue activa, complementarase co reparto en toda a comarca vigusa de 100.000 dípticos informativos e interactivos, nos que se poderá firmar esta petición dixitalmente mediante un código QR que len os móviles.
Representa a un territorio onde existen 15.000 pequenos comercios
En total, este plataforma en defensa do comercio local representa a uns 15.000 comerciantes, ademáis doutras asociacións que tamén amosaron o seu respaldo a esta iniciativa, entre elas, as ecoloxistas e medioambientais, Verdegaia, Amigos da Terra e Asociación Lagares Vivo.
En Vigo, xunto aos colectivos impulsores desta iniciativa, FECOVI, Aetravi (Travesas) e Aceca (O Calvario), están representadas as asociacións de comerciantes de Zona Príncipe, do entorno do Hospital Xeral, Pi y Margal e Navia. A última incorporación foi a Asociación de Comerciantes de Bouzas.
A través desta plataforma queren explicar a súa total oposición ao macroproxecto previsto por Intu Eurofund na zona de Liñeiriños e piden o respaldo das autoridades locais e autonómicas para evitar a desaparición do 25% do comercio de proximidade que existe na actualidad, a todo o sector e a outros vinculados. De feito xa se tiveron as primeiras reunión con dirixentes da Xunta e de varios representantes municipais.
Esta plataforma insiste en denunciar a información interesada e manipulada que se está a dar a cidadanía sobre Porto Cabral, avisar do que sería a destrucción de miles de empregos si este proxecto vai adiante, ademais de ir en contra do modelo de cidade e consumo que o comercio local ven defendendo desde hai anos. Por iso pide as autoridades que non apoien ningún tipo de iniciativa que poda dar luz verde a este proxecto e que se senten cos comerciantes para escoitar a súa opinión neste tema.
Esta semana iniciarase o reparto conxunto de 100.000 dípticos informativos a través dos que se pode firmar online o apoio a esta plataforma
O comercio local en Vigo e a súa área da traballo a unas 30.000 persoas, catro veces máis que o traballo directo que xera a fábrica de Citroën en Vigo. O sector supón un peso no PIB provincial do 5,1%. Polo que é un colectivo cun peso específico ao que se debe escoitar.
As principais reivindicacións da Plataforma son:
- Pérdida de 6.000 empregos no pequeno comercio en Vigo e área
- Problema global, non só de Vigo, senón que afectará a uns 20.000 negocios incluindo os concellos do entorno, directamente afectados
- Esta plataforma reúne xa o 90% dun sector que defende que o mellor para o comercio local e impedir a chegada destes megacentros nas aforas da cidade, que desertizarán os nosos barrios e rúas.
- Aumentará o uso do vehículo privado, en consecuencia as emisións de CO2, creará máis residuos e un consumo altísimo de enerxía, ademais de destruir
- 600.000 m2 de monte verde.
- Este proxecto non encaixa no modelo de cidade e de consumo que defendemos e que promoven as directivas da Unión Europea.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180