Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21
Domingo, 03 de Diciembre de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

ACiP advirte ao alcalde con "denuncialo por prevaricacion" pola utilizacion partidista web do Concello

[Img #37107]

 

O Portavoz Municipal de ACiP Juan Carlos González Carrera manifesta publicamente que "o seu grupo non vai seguir permitindo que o Alcalde siga utilizando a páxina Web do Concello coma se fose algo privado e para insultar á oposición e non dicir a verdade".

 

Esta semana o grupo Municipal ACiP puxo a disposición dun despacho de avogados "o que o Alcalde Sr Represas está a realizar coa páxina Web e estudase denuncialo por unha presunta prevaricación por utilización de diñeiro público en interese da súa imaxe e do propio goberno".

 

"O Sr Represas utiliza a páxina Web do Concello para arremeter contra a oposición no Concello pero sempre con mentiras e en moitos casos dando datos erróneos para tentar confundir á cidadanía" aseguran dende ACIP.


 
A mais "este grupo advertiullo en diferentes ocasións facendo caso omiso o mesmo o cal nos parece que o está realizando como feitos consumados e unha falta de respecto aos grupos da corporación que formamos a maioría deste Concello" explican.
 


"A páxina Web p ten que ser en calquera administración unha ferramenta de divulgación, promoción e información deste Concello e non un xoguete que o Alcalde utiliza para insultar arremeter contra a oposición coma se fose un medio privado" insisten dende ACIP.

 

Dita denuncia tamén irá dirixida "contra a persoa contratada do gabinete de prensa que realiza as propias notas de prensa para realizar unha campaña encuberta de imaxe do alcalde e do propio goberno e esconder a súa incompetencia en gobernar este Concello".

 

"É curioso que este goberno de repartición de poder a Concellería de transparencia é do Concelleiro socialista Benito Márquez que dá como resposta a calada" aseguran.


Por último dende ACiP din que xamais queren "xudicializar a vida municipal pero a situación de abuso de poder do Alcalde é inasumible neste momento".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.