Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Lunes, 04 de Diciembre de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Un exalumno da Escola de Cantería da Deputación traballará nas obras do Palacio de Westminster

Carmela Silva cualificou esta boa noticia como “unha nova demostración de que a nosa escola é unha alternativa moi interesante con saídas profesionais”.

[Img #37178]

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou a semana pasada que un exalumno da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra comezará a traballar nas obras de rehabilitación do Palacio de Westminster e do Big Ben. Este antigo alumno é Santiago Rey López, de Vigo, que xa estaba traballando en Londres e que cursou durante cinco anos os estudos de mestre canteiro. Sobre esta nova, Carmela Silva afirmou que “é un orgullo para nós e unha mostra máis do gran traballo que se está a facer na Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra.”

 

Así, Santiago Rey traballará no Palacio de Westminster e no emblemático Big Ben, cuxas campás deixaron de marcar as horas o pasado mes de agosto despois 158 anos. Estas obras de rehabilitación están previstas que rematen en 2021. A presidenta da Deputación de Pontevedra subliñou que “a presenza da nosa Escola nestas obras tamén son unha nova demostración de que é unha alternativa moi interesante con saídas profesionais.”

 

Desta maneira, o canteiro vigués únese a outros exalumnos e exalumnas da Escola de Cantería da Deputación que nos últimos tempos traballaron en importantes obras de todo o mundo como o Capitolio de Washington, o barrio de Chiado en Lisboa, a  Catedral de Santiago, a Sagrada Familia de Barcelona, a Igrexa de San Xudas de Londres ou a Catedral de Westminster.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.118

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.