Miércoles, 14 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 04 de Diciembre de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Goberno Local volve a esixir a Sanidade melloras no Centro de Saúde

 

 

O Goberno local de Porriño considera que "as manifestacións de veciñas e veciños pedindo un pediatra máis e a mellora do servizo de Pediatría do Centro de Saúde do Porriño que, como sinalan, está saturado, amais da mellora dos servizos sanitarios, é unha proba máis de que á Consellería de Sanidade non lle interesan os porriñeses e os considera cidadáns de segunda".


"O desprezo do Servizo Galego de Saúde é máis que inxustificábel: á promesa de facer un novo centro de saúde, anunciado polo anterior alcalde do Partido Popular e a, daquela conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, en xuño de 2015, coa cesión dos terreos por parte do Concello para edificar neles o mesmo, quedou en nada, mesmo son os porriñeses os que pagan a limpeza do solar, que é propiedade do Sergas, que está en estado de abandono" aseguran.


Sanidade "tampouco atendeu as demandas feitas dende o Concello e polos propios usuarios do centro de saúde, de que axeitase as súas instalación no verán cando houbo enfermos que mesmo sufrían mareos e esvaídos a causa da calor que achegábase aos 40 graos en moitas ocasións" afirman dende o Concello do Porriño.


Así mesmo, explican que "o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, ignorou por completo a petición, aprobada polo Pleno do Concello do Porriño en xuño deste mesmo ano, dunha entrevista coa alcaldesa e cos representantes dos grupos municipais para que expuxesen as carencias e as necesidades urxentes dun Centro de Saúde que atendeu os primeiros seis meses deste ano a máis de 100.000 doentes veciños de Mos, Salceda e O Porriño".


Por último sinalan que "no que xa é unha burla a todos os porriñeses, en outubro, o Partido Popular presentase no Porriño os orzamentos da Xunta que contemplan 1.000.000€ de inversións en Mos, 500.000€ para un centro de saúde en Salceda, e 0€ de inversión no Porriño".


Dende O Goberno local din que "naquela presentación participou, sen reivindicar nada, o presidente local do Partido Popular, Manuel Alejandro Lorenzo, deu por boas as intencións do Goberno de Galicia de non atender nin unha soa das necesidades das súas veciñas e veciños, entre elas a dun novo centro de saúde para O Porriño, varias veces anunciado e publicitado polo Goberno local do que o señor Lorenzo formaba parte".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.