VIGO
O Concello inaugura o Belén da Casa das Artes que amosa 300 pezas
Xa pode visitarse o belén monumental que ocupa 100 metros cadrados e do que Caballero destaca o seu "nivel artístico". O rexedor informou tamén dos reforzos de Vitrasa de cara ás festas de Nadal.
![[Img #37233]](upload/img/periodico/img_37233.jpg)
O alcalde deu conta esta semana da inauguración do belén monumental que estará aberto ás visitas ata o 7 de xaneiro na Casa das Artes dentro da programación de Nadal municipal. Segundo explicou, ocupa unha superficie de 100 metros cadrados nos que se expoñen 300 pezas de entre 24-25 centímetros e que requiriu tres anos de traballo e a dedicación de 30 persoas con "niveis artísticos moi importantes".
O Belén poderá visitarse de luns a venres entre as 18 e as 21 horas da noite, os sábados de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas, os domingos e festivos desde as 12 horas da mañá en horario ininterrompido ata as 21 horas da noite, en Noiteboa, Fin de ano e o día da Cabalgata de Reis permanecerá aberto entre as 12 da mañá e as 19 horas da tarde e os días de Nadal e Aninovo entre dende as 12 ás 14 horas e dende as 17 ata as 21 horas.
Abel Caballero apuntou tamén que este sábado 2 de decembro a oficinal muninicipal de distrito de Teis acolle o Musical Máxico en favor de UNICEF. Será ás 18:00 horas da tarde cun programa chamado "Hai un conto que contaban as avoas" e que inclúe máis dunha decena de actuacións con máis de 30 persoas en escena.
Amais, o rexedor informou dos reforzos dalgunha das liñas de transporte urbano con motivo das festas de Nadal. Así, dende este sábado día 2 e ata o 7 de xaneiro, amplíanse as frecuencias da liña C1 os sábados, domingos e festivos, facendo o servizo habitual os festivos 6 e 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro con servizo nocturno ininterrompido os venres, sábados e vésperas de festivo, os días 1, 2, 5, 7, 8, 9, 15, 16, 22, 23, 29, 30 e 31 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro.
Vitrasa dispoñerá tamén un servizo especial de lanzadeira para o "Festival Rock Concello de Vigo" que se celebra este sábado día 2 no IFEVI. Será na liña 9A con saída desde Policarpo Sanz 40 cada 30 minutos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191