PROVINCIA
A Deputación presenta as súas propostas ao Grupo de Traballo de Emerxencias
Xunta, Fegamp e deputacións aceptan as medidas de funcionamento interno que a institución pontevedresa elevou hoxe a este grupo.
![[Img #37234]](upload/img/periodico/img_37234.jpg)
A Deputación de Pontevedra elevou esta semana as súas propostas sobre o funcionamento interno do Grupo de Traballo de Emerxencias formado pola Xunta, Fegamp e as catro deputacións para analizar as necesidades de mellora dos servizos de emerxencias e contra incendios na comunidade autónoma.
O deputado Carlos Font mostrou a súa satisfacción pola aceptación das propostas que a respecto do funcionamento deste grupo levaba a institución pontevedresa a esta segunda xuntanza. En concreto as propostas aceptadas son sobre o carácter deliberativo e de análise de propostas sen posibilidade executiva como se pretendía nun inicio. Co cal este grupo de traballo só analizará as propostas para a súa elevación á Comisión Galega de Emerxencias que é quen ten a competencia de poñelas en marcha.
Ao respecto da aprobación das posibles propostas, Carlos López Font, subliñou que tanto a Xunta, Fegamp e deputacións aceptaron que sexa por maioría cualificada de tres quintos como se aproben os temas debatidos e sempre coa posibilidade de calquera entidade integrante do grupo de traballo podan emitir un voto particular.
"A máis importante das nosas aportacións tamén foi aceptada e se trata de que cando existan propostas que afecten directamente a un concello, de xeito individual se dea audiencia a ese concello e podan presentar as súas alegacións o que nos garante o respecto á autonomía local, e unha maior participación e implicación de todos os axentes involucrados nas emerxencias", destacou o deputado pontevedrés.
Precisamente para a próxima xuntanza do grupo de traballo chegouse o acordo de que cada parte poda traer as súas correspondentes propostas para a mellora dos servizos. Carlos López Font, manifestou o seu desexo de que a Xunta poña entón enriba da mesa a proposta "documentada e con informes técnicos da suposta comarcalización porque ate de agora so coñecemos a súa intención pero sen ningún tipo de dato nin análise técnicos que nos permita valorala. Ate este intre a comarcalización non é máis que unha palabra sen maior contido". "Quero pensar –concluíu Font- que en decembro poderemos contar con ese informe técnico sobre os parques de emerxencias das grandes cidades e, o máis importante, coa opinión dos seus alcaldes sobre a comarcalización dos mesmos"
Font insistiu en que "o único que queremos é que todos fagan os seus deberes como xa fixo a Deputación de Pontevedra cos seus informes técnicos sobre as zonas de sombra e a necesidade de implantar un sistema de isocronas para a mellora da xestión que xa presentou ante a Comisión Galega de Protección Civil e o propio Consorcio Provincial de Pontevedra Contra Incendios, do que forman parte a propia Deputación e a Xunta de Galicia. "A Deputación de Pontevedra –continuou o deputado provincial- fixo un traballo serio baseado en informes técnicos sobre a mellora do servizo de emerxencias na provincia e o presentamos naqueles organismos onde se deben analizar antes da creación deste grupo de traballo".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.118