Miércoles, 14 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 08 de Diciembre de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Concello do Porriño e Xunta poñen en marcha un plan de emprego para formar a 85 porriñesas

[Img #37277]

 

Un total de 85 mulleres desempregadas, veciñas do Porriño, terán a oportunidade de formar e optar a un posto de traballo grazas ao ‘Plan Integrado de Emprego para Mulleres’ (PIEM), posto en marcha polo Concello do Porriño e o Goberno de Galicia.


O Plan conta cun orzamento total de 255.000€, dos cales a Consellería de Economía, Emprego e Industria achega 204.000€ e a Concellería de Emprego do Porriño, 51 para facilitar que as mulleres que participen neste plan realicen formación e prácticas en distintas empresas, 7 das cales xa amosaron o seu interese en participar nesta iniciativa.


A concelleira de Emprego, Soledad Girón subliña que o obxectivo do ‘Plan Integrado de Emprego para Mulleres’ é, “coma todas as medidas e proxectos que estamos desenrolando dende o Goberno municipal, a de reducir a taxa de desemprego no Porriño e en especial o que padecen as mulleres”.


Para conquerilo, se realizarán accións de orientación laboral, formativas, con prácticas en empresas, “que permitirán mellorar as competencias profesionais das participantes neste plan e chegar á súa inserción no mercado de traballo”.


Para que esta finalidade sexa máis doada de acadar, as beneficiarias do Programa gozarán de “medidas que permitan conciliar o seu aprendizaxe coa súa vida familiar, coma acceso ao servizo de gardería”, indica a concelleira de Emprego.


Para participar no ‘Plan Integrado de Emprego para Mulleres’ as interesadas deberán acudir á Oficina de Emprego e solicitar na súa demanda o servizo de "Programas experimentais" (930).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.