GALICIA
Movistar segue a ser o primeiro operador en relación calidade prezo
Euskaltel supera os oito puntos e queda a moi pouco do primeiro posto.
O XV Observatorio sobre a calidade prezo dos operadores de telecomunicacións, baseado en datos oficiais, mantén a Movistar como o primeiro operador na relación calidade prezo. Na puntuación global supera os oito puntos, unha cota que no País Vasco tamén alcanza Euskaltel. A última posición é para Vodafone que acada 5,77 puntos, o operador vese lastrado pola calidade en Internet e a nota discreta en telefonía. Malia boa nota Euskaltel tamén retrocede levemente con respecto ó último estudo (-0,45 puntos). Esperemos que traslade as súas dinámicas ás novas empresas adquiridas, R Cable e Telecable que, nesta ocasión, retroceden máis dun punto na valoración global.
![[Img #37332]](upload/img/periodico/img_37332.png)
Calidade en Internet
A calidade en Internet mostra un grupo de tres operadores por riba dos 7 puntos: Ono, Movistar e Euskaltel. O primeiro rozando o 8 e os restantes por riba do 7,5. As peores notas neste apartado son para Vodafone, Orange e Jazztel que non chegan ó 6.
No apartado de asistencia técnica atopamos que Orange tarda en reparar unha avaría cinco días (126 horas) e Telecable catro. Jazztel e Vodafone suman tres días cada un. Euskaltel e Movistar superan as 40 horas. Neste punto é Ono o operador co mellor dato xa que acada as 27 horas, pouco máis dun día.
Vodafone e R vense penalizados pola porcentaxe de avarías por liña, un 4%. Orange e Telecable superan o 3%. Sorprende o dato de Movistar cun 5%, unha cifra pouco habitual para este operador.
Aquí os datos mostran que Movistar repara en 48 horas case o 98% das avarías e Ono séguelle moi de preto co 97%. Por debaixo do 80% quedan Vodafone e Telecable.
Calidade en telefonía
Neste apartado só Euskaltel (8,62) e Movistar (8,51) superan a cota os oitos puntos, o resto está lonxe, entre os 5,62 puntos (ORANGE) e os 6,77 (JAZZTEL).
O tempo de conexión penaliza a Vodafone (25 días) e R (19,50). O resto está ao redor da quincena, salvo Jazztel que se aproxima a 12 días. Tamén a porcentaxe de avarías, por encima do 3,5%, lastra a Vodafone e Orange. Jazztel supera o 2,5% e Telecable achégase a ese nivel.
As horas empregadas en reparar a maior parte das avarías, de novo castiga a Vodafone, Jazztel e Telecable que empregan entre 70 e 85 horas en solucionalas. R Cable aproxímase ás 60. Pero, sen dúbida, é Orange o que peor comportamento ten, 146 horas, algo máis de 6 días.
Reclamacións
Segundo a SETSI, que ofrece un dato global para o exercicio, a frecuencia de reclamacións alcanza no fixo, unha taxa de 6,63 que corresponde a Ono. A menor porcentaxe é a de Jazztel con 0,79. Pola súa banda, Vodafone é que o que máis rápido xestiona a resolución (3,97 días) e Orange e Jazztel os que máis tardan, por riba dos 15 días.
En móbil, as menores taxas de reclamacións corresponden a Movistar e Euskaltel, por baixo do 1%. No outro extremo R Cable e Vodafone superan o 2%. Vodafone, por baixo dos 4 días é o que menos tempo emprega na resolución destas reclamacións. Euskaltel (8,29 días) e R Cable (10,14) están no extremo oposto.
En telefonía fixa o que menos reclamacións recibe é Movistar (1,10%), fronte a unha porcentaxe de 7,73% de Jazztel e 4,38% de Vodafone. En móbil, de novo repite Movistar coa menor porcentaxe (0,79%), o resto de operadores rozan o 1%. Finalmente, en relación cos servizos converxentes, o nivel de Movistar sitúase no 1,19%, en tanto que o resto de operadores oscila entre o 3,54% de Orange e o 6,73% de Jazztel, pasando polo 4,21% de Vodafone.
Prezo
En canto aos prezos dos 1.000 minutos das chamadas sen bonificar, (prezos básicos, sen descontos nin compensación algunha) en telefonía fixa houbo movementos que pasaron desapercibidos para a opinión pública, máis atenta quizá a outros cambios máis difundidos polos medios de comunicación. Estes movementos representan incrementos entre 2 e 55 euros no custo anual, cambios que inciden, sobre todo, en chamadas a números de intelixencia de rede e móbiles. Entre os 120 e os 150 euros atópanse Movistar, Euskaltel e Telecable. Na franxa dos 165 e 175€ atópanse Orange, Jazztel e R Cable. Finalmente entre os 200 e os 250€ sitúanse Vodafone e Ono.
En telefonía móbil, o custo dos 1000 minutos móvese entre os 185 euros e os 200 euros de Jazztel e Euskaltel. Ao redor dos 250 euros está outro grupo de operadores:Movistar, Ono, Orange e R Cable. Finalmente, por encima dos 270 euros sitúanse Vodafone e Telecable.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129