Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 08 de Diciembre de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O PP critica o novo modelo de emerxencias

“Desconfiamos que os informes dos técnicos, aos que o Goberno Provincial non deixa que acceda o Partido Popular, din o contrario do que dixo ata o momento Carmela Silva publicamente, de maneira que nin o servizo resultaría máis barato nin se garante que se manteñan todos os postos de traballo actuais” aseguran.

O voceiro do PP de Pontevedra, Ángel Moldes, lamenta "o atraso que leva a Deputación de Pontevedra con respecto as demais deputacións, como a de Lugo ou A Coruña en materia de emerxencias. Carmela Silva chegou á Deputación de Pontevedra coa promesa de transformar o servizo de emerxencias e que pasase a xestionarse directamente pola Administración, pero agora nin está nin se lle espera. Mentres as demais deputacións se están coordinando coa administración autonómica, a presidenta da Deputación de Pontevedra está totalmente desaparecida” explica.

 

Os populares cren que "son varias as razóns  as que vencellan o mutismo de Carmela Silva sobre esta cuestión. A primeira, segundo Ángel Moldes, é que o Goberno Provincial nunca pensou que a Xunta de Galicia fose permitir a xestión directa dos parques".

 

Unha segunda "razón que levaría á presidenta Carmela Silva a perder agora de repente todo o interese en mellorar o servizo de emerxencias" podería ser, segundo sospeitan os populares,  que  a xestión directa non sexa, como ela dixo en varias ocasións, menos custosa que a xestión indirecta. “Desconfiamos que os informes dos técnicos, aos que o Goberno Provincial non deixa que acceda o Partido Popular, din o contrario do que dixo ata o momento Carmela Silva publicamente, de maneira que nin o servizo resultaría máis barato nin se garante que se manteñan todos os postos de traballo actuais”.

 

Nesta liña, Ángel Moldes, sinala que "o que si está demostrado con feitos e á vista da pouca colaboración da Deputación de Pontevedra é que non teñen ningún interese en mellorar o servizo de emerxencias na provincia".

 

“Agora que o cambio de formato está xa plantexado e que as demais deputacións comezaron a dar pasos en firme para que a xestión directa sexa unha realidade, optando polo diálogo e a cooperación, demostrouse que o único que fixo a Deputación de Pontevedra ata o momento foi instrumentalizar politicamente o tema de bombeiros, porque parece o único no que son especialistas é na confrontación e en parecer que fan, cando a realidade é que a súa xestión e cooperación é nula”, explica Moldes.

 

"O mesmo se pode dicir do seu nulo interese en abordar a comarcalización dos parques de bombeiros da provincia. O que transloce esa actitude é que a prioridade da Deputación é confrontar coa Xunta de Galicia e que mellorar o modelo de emerxencias non lle interesa en absoluto se iso supón chegar a acordos coa Administración autonómica" asegura.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.106

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.