Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 09 de Diciembre de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra promove o sector agroforestal entre máis de 500 mozas e mozos da provincia

Oito centros educativos de Cangas, As Neves, Pontevedra, Silleda e Vigo veñen de acoller dez accións formativas, enmarcadas nos proxectos “DepoEmprende na ESO e na FP”, para promover un medio rural sustentable.

[Img #37345]

 

A Deputación de Pontevedra vén de organizar en oito centros educativos da provincia dez charlas formativas destinadas a promocionar o sector agroforestal e a explicar as potencialidades que pode ter este sector como oportunidade laboral. En total, participaron nestas accións formativas máis de 500 mozas e mozos de centros educativos dos concellos de Cangas (IES Rodeira), As Neves (EFA Cancela), Pontevedra (IES Luis Seoane e CFEA Lourizán), Silleda (IES Pintor Colmeiro) e Vigo (IES A Guía, IES Ricardo Mella e IES Daniel Castelao) que están a participar nos programas de “Depoemprende na ESO e na FP”.
 


“Aposta ao verde”, enmarcado no proxecto de fomento da cultura emprendedora “Depoemprende na ESO e na FP”, impulsado pola Deputación de Pontevedra, serviu como unha acción de difusión e divulgación do sector agroforestal como motor económico para o desenvolvemento dun medio rural sustentable na provincia.  Así, durante unha hora, as mozas e mozos coñeceron a situación actual do sector agroforestal da comarca na que se atopa o centro educativo no que estudan e as potencialidades do sector en termos económicos e de emprego. Amais, tamén puideron coñecer, de primeira man, “plans de viabilidade tipo” para os diferentes tipos de actividade, analizando exemplos concretos o máis próximos posibles de casos reais de profesionais que viven hoxe en día desta actividade.

 

Para a Deputación de Pontevedra resulta fundamental que dende as administracións públicas se impulsen accións formativas como “Aposta ao verde”, co obxectivo de adoptar un papel de verdadeiros promotores para favorecer que o rural da provincia de Pontevedra recupere poboación e emprego.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.153

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.