Nigrán
Porto do Molle conta con 125 novas árbores
![[Img #37360]](upload/img/periodico/img_37360.jpg)
O Concello de Nigrán invistiu 19.724 euros na reposición do arbolado que ocupa os alcorques das principais beiravías do parque empresarial de Porto do Molle. O motivo é que os antes existentes, falsos pimenteiros, se atopaban en moi mal estado ou directamente non se conservaban, polo que o goberno local consideraba preciso repoñelos. En total, o Concello plantou esta semana 125 unidades de liquidambar styraciflua de 4 metros de altura coa garantía de que, de non enraízar algún elemento, a empresa suministradora o sustituirá por outro igual sen conste algún.
"Este é un parque que destaca como exemplo de calidade e respeto medioambiental e que aporta moitos beneficios ao municipio; era unha actuación prioritaria sustituír os árbores por especies que realmente se adapten a este lugar, o noso compromiso é revertir neste parque boa parte dos beneficios que xenera", sinala o alcalde, Juan González. Neste sentido, o Concello apostou polo liquidambar, unha árbore caducifolia moi resistente con follas semellantes ás do arce e que no outono colle tonos dende amarelos a vermellos. Así, operarios de Brocoli, a empresa adxudicataria do mantemento das zonas verdes municipáis, repuxeron durante esta semana o arbolado nas rúas do parque empresarial.
Precisamente, seguindo este mesmo criterio, o Concello de Nigrán presentou a licitación o proxecto de acondicionamento integral do río Muíños (que discurre por Porto do Molle) nunha intervención na que se aposta por devolver ao río o seu equilibrio natural e á que se vinculan núcleos de ocio e deportivos públicos totalmente respetuosos coa contorna. "Son actuacións nas que a sostibilidade medioambiental é a premisa fundamental e que farán deste parque un referente de calidade", resume o alcalde, Juan González.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115