Miércoles, 14 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 12 de Diciembre de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Mercar no Porriño en Nadal terá premio

[Img #37375]A Asociación de Comerciantes do Porriño e o Centro Comercial Aberto (CCA Morea), informaron hoxe do lanzamento da súa campaña de nadal, no que animan aos consumidores do Porriño e da área metropolitana a mercar no Porriño os seus agasallos de nadal, pois como todos os anos, ten premio. 

 

A merca de productos nos centros asociados do CCA Morea permitirá entrar nun sorteo de 68 cheques regalo de 60 euros que os gañadores poderán gastar nas tendas porriñesas, unha iniciativa que pretende potenciar o consumo local.

 

Dende ACIPOR queren destacar que esta medida pretende promover as compras navideñas no propio concello, pois o comercio local é un comercio de calidade e ademáis é unha actividade sustentable. O comercio do Porriño, afirman dende ACIPOR, dispón dunha ampla oferta de productos e servizos que permite ao consumidor atopar todo o que poida precisar para estas datas, e facelo ademáis a bó prezo e atención personalizada. “Mercando no teu concello, fas un Porriño mellor, evitas desprazamentos e contribúes con elo a sustentabilidade da economía local”, afirman dende ACIPOR.

 

Valoración e Premiados da Edición 2017 do Pinchorriño

Asimesmo, dende ACIPOR daban a coñecer estes días a valoración da edición 2017 de O Pinchorriño e os resultados do sorteo das fins de semana en establecementos de turismo rural de Galicia, que tradicionalmente se sortean entre os participantes do concurso de O Pinchorriño. Entre as miles de papeletas participantes deste ano, os afortunados gañadores de este ano foron Cristina Diz Carrera (O Porriño) e Diego Díaz Villar (Vigo). 

 

Segundo a organización, o Pinchorriño é un evento xa consolidado que se agarda con expectación cada ano, e que medra sen parar dende a súa posta en marcha no ano 2006. “Trátase dun dos eventos gatronómicos de tapas máis importantes de Galicia, e sabemos polas papeletas dos participantes no sorteo que hai persoas que veñen de toda Galicia e do Norte de Portugal a probalas tapas cada ano. Vaise consolidando e queremos seguir potenciandoo”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.