Martes, 25 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 14 de Diciembre de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra inicia a contratación do programa “Conectadas”

A iniciativa ten como obxectivo mellorar a formación básica das mulleres, contribuír á súa empregabilidade ou superar os malestares derivados da desigualdade de xénero.

[Img #37376]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o expediente para a contratación, a xestión e o desenvolvemento da terceira edición do programa do servizo de Igualdade “Conectadas”, nesta quenda baixo o nome de “Conectadas 2018”.

 

Carmela Silva sinalou que “este é un programa que ten por obxectivo promover o asociacionismo entre as mulleres” e afirmou que, para o ano 2018, o programa formativo contará cun orzamento máximo situado en 324.000 euros. “As empresas que se presenten deberán garantir que se van desenvolver 46 accións formativas distribuídas en oito distintos bloques temáticos”, isto é: “Muller emprende: iniciativas sostibles para o emprego”, “Muller e cultura: artes visuais”, “Actualízate”, “Coas túas mans”, “Porque ti o fas”, “Súmate o cambio”, “Ponte en forma” e “Coidados persoais”.

 

 

 

 

“Conectadas 2017” chegou a máis de 5.000 mulleres de máis de 300 asociacións de 60 concellos da provincia

 

 

 

 

“Conectadas 2018” busca mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo, reducir a brecha dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías e superar os malestares das mulleres derivados da desigualdade de xénero, impulsando accións formativas que incorporan de maneira transversal os principios de igualdade, corresponsabilidade e conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

 

“Conectadas” beneficiou en 2017 a preto de 5.500 mulleres de 60 concellos da provincia
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, sinalou que “nestes momentos, grazas ás accións formativas de Conectadas 2017 estanse a beneficiar un total de 373 entidades pertencentes a 60 concellos da provincia”, o que supón que “arredor de 5.500 mulleres, un total de 5.436, están a participar” nas 343 accións que se desenvolven este ano. A Presidenta provincial sinalou que “este ano unicamente queda pendente unha acción formativa no concello de Portas que comeza mañá, 12 de decembro” e, en canto aos datos globais do exercicio, valorou positivamente o feito de que “un número moi importante de mulleres están a participar en accións que teñen como obxectivo a Igualdade”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.