Martes, 25 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 14 de Diciembre de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

85 mulleres de sete concellos da provincia participarán no programa “Depoemprega”

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar este proxecto cun orzamento superior aos 250.000 euros.

[Img #37379]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou de que a Xunta de Goberno da institución provincial vén de aprobar o proxecto “Depoemprega 2017” para a posta en marcha de programas integrados de emprego. Trátase dun programa dotado dun orzamento de 255.000 euros no que participarán “85 mulleres dos concellos de Pontevedra, Vigo, Cangas, Ponteareas, Poio, Tomiño e Tui”, sinalou a Presidenta provincial.

 

Estas 85 mulleres, que serán seleccionadas polo Servizo Público de Emprego (e que poden solicitar a súa participación ata o día 29 deste mes), consistirá “en impartir diversas accións formativas, no centro Príncipe Felipe ao longo dun ano, co obxectivo de conseguir que o 35% desas mulleres participantes se inserte laboralmente”. De feito, a Presidenta provincial informou de que “o ano pasado acadamos unha inserción laboral próxima o 45%, polo que estamos a falar cun proxecto que non só consegue os resultados perseguidos, senón que os seus resultados son mesmo superiores”.

 

Carmela Silva sinalou que a relación de concellos foi seleccionada por dous motivos: en primeiro lugar, “porque no ano 2016 contaron cunha media de paro superior ás 1.000-2.000 persoas” e, ademais, “por teren un índice elevado de desemprego feminino”.

 

Das 85 mulleres que participarán en “Depoemprega”, “o 25% serán mulleres vítimas da violencia de xénero e persoas en risco de exclusión social, o 35% mulleres maiores de 45 anos e desempregadas preceptoras de prestación” e “o 40% desempregadas de longa duración”, informou a Presidenta provincial.

 

 

 

 

“Depoemprega 2017” ten por obxectivo acadar unha inserción laboral do 35%

 

 

 

 

A Presidenta da institución provincial lembrou que “a igualdade é un dos eixos prioritarios de actuación da Deputación de Pontevedra xunto co emprego”, e sinalou que “Depoemprega” “conxuga estes dous alicerces do noso Goberno promovendo accións formativas ás mulleres”.  Carmela Silva sinalou que “os motivos para que este programa estea dirixido ás mulleres son claros, xa que na actualidade seguen a haber diferenzas moi significativas nas condicións e características da oferta de traballo entre homes e mulleres”.

 

Ademais, “unha importante brecha salarial de xénero, pero tamén no reparto das cargas familiares, no desemprego (o feminino é maior), no tipo de traballo que realizan mulleres e homes”, entre outras, e “por iso, neste camiño de promover a igualdade, poñemos en marcha este proxecto que quere darlles máis oportunidades ás mulleres da nosa provincia”, asegurou Carmela Silva. “Non podemos esquecer a estratexia europea 2020 en materia de emprego, que ten por obxectivo promover a igualdade de xénero”, sinalou.

 

“Depoemprega 2017” contará con catro itinerarios: formación para o emprego (no que se dará formación para a mellora da empregabilidade e para a obtención de certificados de profesionalidade), realización de prácticas profesionais non laborais (dirixida a mulleres de diferentes perfís profesionais que estean xa acreditadas con certificados de profesionalidade ou ciclos formativos pero que precisen mellorar e actualizar a súa formación), fomento da cultura emprendedora (dirixido a aquelas mulleres susceptibles de ser emprendedoras) e empregabilidade (dirixido a mulleres cualificadas, con competencias e habilidades sociolaborais, en proceso de busca activa de emprego que necesiten mellorar a súa formación a través da formación transversal).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.