Martes, 25 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 13 de Diciembre de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Aprobadas as bases das subvencións para adaptar puntos limpos de residuos eléctricos

Estas actuacións terán un importe de 618.075 euros cofinanciado entre a Deputación de Pontevedra e fondos europeos.

[Img #37396]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este pasado luns as bases da subvención en especie para a adaptación de 9 puntos limpos na nosa provincia, dentro das actividades do proxecto ESTRAEE. O custe derivados da adaptación nos 9 puntos limpos ten un importe de 618.075 euros cofinanciado entre a Deputación de Pontevedra e fondos europeos.

 

Na rolda de prensa, a presidenta da Deputación de Pontevedra explicou que “o obxectivo deste proxecto é mellorar a xestión transfronteiriza dos Residuos dos Aparellos Eléctricos e Electrónicos mediante o fomento de tecnoloxías innovadoras para a protección ambiental e a eficiencia dos recursos.”

 

En relación ao proxecto ESTRAEE, pensado para mellorar a protección ambiental e fomentar tecnoloxías innovadoras na protección dos recursos, Carmela Silva engadiu que “imos mellorar as instalacións existentes a fin de adaptalas aos requisitos esixidos na normativa vixente e amais definirse e aplicarase un proceso de reutilización de refugallos de grandes electrodomésticos e equipos de informática e telecomunicacións para a promoción e alcance dos estándares de acordo ca nova normativa de Residuos dos Aparellos Eléctricos e Electrónicos.”

 

Con este proxecto, a Deputación de Pontevedra pretende dar un salto cualitativo na xestión ambiental e na adaptación á estratexia europea 2020 no ámbito da protección dos recursos naturais e eficiencia na xestión dos recursos.

 

Estas subvencións en especie, cuxas bases quedaron aprobadas trala Xunta de Goberno, poderán ser solicitadas por concellos e mancomunidades da provincia de Pontevedra que sexan titulares de instalacións dun punto limpo en funcionamento. Dita solicitude poderán presentala unha vez as bases sexan publicadas no BOPPO no prazo de 30 días hábiles.

 

En canto a concesión desta subvención, Carmela Silva apuntou que “unha vez recibidas todas as solicitudes, estas someteranse a un proceso de valoración e puntuación, para establecer unha prelación entre as mesmas a efectos da adxudicación da axuda, e realizarase de acordo á sustentabilidade da xestión de residuos no concello ou mancomunidade, á ordenanza relativa á recollida de Residuos e á posibilidade de adecuación do punto limpo existente.”

 

O proxecto ESTRAEE, no que se encadran estas actuacións en 9 puntos limpos da provincia de Pontevedra, ten un orzamento total de máis de dous millóns de euros (2.145.524), dos cales Europa achega o 75% e a Deputación máis do 10%.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.