GALICIA
‘Galicia Surfing’, fará da costa galega un destino de turismo activo e sustentable todo o ano
A directora de Turismo de Galicia reuniuse esta semana con profesionais vinculados ao surf como paso previo á presentación oficial deste novo produto turístico que terá lugar o vindeiro mes de xaneiro na Feira Internacional de Turismo (Fitur) en Madrid.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, compartiu esta semana con representantes do sector profesional do surf os avances do novo produto turístico Galicia Surfing. Impulsado por Turismo de Galicia, porase en marcha en 2018 para ofrecer experiencias de viaxe que permitan gozar durante todo o ano do gran potencial turístico de actividades vinculadas ao mar como o surf, así como para descubrir as posibilidades de visita que ofrecen as contornas nas que se desenvolven.
Como explicou Nava Castro, Galicia Surfing converte a costa galega nun destino de turismo activo e sustentable durante todo o ano, dando así resposta ao compromiso da Xunta de Galicia por ofrecer experiencias máis alá de tempada alta da man dos recursos endóxenos. “En Galicia temos máis do 19% de toda a costa española e ondas aseguradas case os 365 días do ano”, recordou facendo mención ás numerosas vantaxes competitivas da nosa comunidade para a posta en marcha de iniciativas como esta.
A posta en marcha desta iniciativa dá resposta ao compromiso do Goberno galego por especializar, diversificar e desestacionalizar a oferta e traballar para conseguir que os viaxeiros pernoiten máis días na nosa Comunidade
Neste sentido, salientou o auxe sen precedentes que está a acadar o surf en Galicia, tanto no número de persoas que o practican como no de proxectos profesionais que orixina. Tamén se referiu ao éxito de eventos como o Pantín Classic Galicia Pro que nas súas 30 edicións é quen de reunir de media a máis de 50.000 persoas interesadas por este deporte.
Identificación de praias idóneas
Galicia Surfing dá resposta, ademais, ao compromiso de Turismo de Galicia por facer que os viaxeiros pernoiten máis días na Comunidade galega, ao incluír propostas de viaxe de varios días de duración asociados á práctica de surf e ao coñecemento da contorna. Afóndase así no traballo da Administración autonómica para conseguir mellorar a estadía media dos viaxeiros en Galicia. Unha estadía que, nestes dez primeiros meses do ano, rexistrou un incremento de case un 3% con respecto a 2016. Esta nova experiencia turística tamén afondará na identificación das praias idóneas para a práctica do surf e reforzará a promoción e comercialización das actividades asociadas ao surf en feiras nacionais e internacionais.
Galicia ten máis do 19% de toda a costa española, ondas aseguradas durante case todo o ano e o surf está a experimentar un auxe sen precedentes tanto no número de persoas que o practican como no de proxectos profesionais que orixina
Presentación oficial en Fitur
Galicia Surfing alíñase coa Estratexia do turismo de Galicia 2020, o documento elaborado xunto co sector para deseñar o presente e futuro turístico galego e acompañar o crecemento de viaxeiros dun xeito responsable, ordenado e planificado. Convértese nun perfecto expoñente do desenvolvemento turístico sustentable e insírese na novena liña de traballo desta Estratexia na que se potencia a capacidade turística do mar como recurso diferencial máis alá de tempada alta.
A reunión celebrada hoxe en Santiago de Compostela contou coa participación de representantes de escolas de surf, surf camps, surf houses, empresas de venda de material técnico específico, axencias de viaxe especializadas en turismo de surf ou membros da organización do Pantín Classic Galicia Pro. Este encontro cos profesionais do sector foi o paso previo á presentación oficial de Galicia Surfing que se realizará o vindeiro mes de xaneiro na Feira Internacional de Turismo (Fitur) en Madrid.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191